Mateo Díaz e Gael Blanco, convocados pola RFEBM para as xornadas de observación da xeración 04/05

A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer a lista provisional de xogadores nados nos anos 2004 e 2005, que se desprazarán ata o Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada en Granada, do 28 de setembro ata o 5 de outubro, para realizar unhas xorndas de observación, 

A representación galega, vai da man de Mateo Díaz do Balonmán Culleredo e de Gael Blanco do Balonmán Luceros. 

Agardaremos a que a RFEBM complete a listaxe, para ver se máis xogadores da nosa comunidade se unen a cita. 

Noraboa rapaces!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *