GRÁFICAS LASA CARBALLAL E SALÓN AVILÉS BM CANGAS, NA FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE FEMININO

O balonmán galego está de noraboa! Gráficas Lasa Carballal e Salón Avilés BM Cangas lograron esta fin de semana a súa clasificación para a fase final do Campionato de España da categoría cadete feminina. Desta forma, dous equipos galegos estarán entre os oito mellores de España.

Esta fin de semana disputouse a fase estatal zonal e ambos clubs foron organizadores, polo que as xogadoras puideron contar co apoio do seu público. O sector A celebrouse no Gatañal e BM Cangas fixo un sector perfecto con pleno de vitorias. O venres superou ao Puerto del Carmen ((31:25), mentres que o sábado derrotou con enorme superioridade a Zuazo (43:24). Pero todo estaba por decidir xa que o Aula Valladolid tamén vencerá nos dous primeiros partidos. Así que o domingo, tivemos a gran final entre Cangas e Aula Valladolid. Foi un partido axustado, no que as locais sempre foron por diante no marcador e remataron a súa clasificación pola porta grande (28:26).

Pola súa banda, o AD Carballal xogaba o grupo B no Pavillón do Carballal e logrou a súa clasificación o sábado coas dúas primeiras vitorias. O venres gañou a Rocasa A (30:27) e o sábado ao Hand Vall Valladolid con autoridade (30:21). E os catro puntos sumados polo equipo vigués xa garantíu o primeiro posto, polo que o partido do domingo foi so un trámite (perdeu ante o Base Unión Financeira) e despois chegou a festa da celebración.

Noraboa a BM Cangas e AD Carballal!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *