A SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA LOITARÁ MAÑÁ POLO BRONCE CONTRA CASTELA E LEÓN

A selección galega infantil masculina loitará maña con Castela e León por acadar unha medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Hoxe Galicia non puido con Andalucía nun partido con moitas imprecisións e nervios dos nosos rapaces. O equipo xuvenil feminino buscará a sétima posición e os catro restantes tratarán de gañar a final da Copa de España.

Infantil masculina. Andalucía 27:18 Galicia,

27. Andalucía: Jorge Fernández, Hugo Borja, Clemente (1), Alfonso Castellano, Cansino, Jorge Sandez (5), Daniel Medina (5), Federico Amate, Jacobo Ruiz (1), Enrique Pérez (6), Marcos González, Pablo Sánchez (7), Francisco Javier Santos, Adrián Ortega, Pablo García, Thompson (2).

18. Galicia: Rubén Costas, Xoel Rodríguez, Adrián Nogueira (2), Xoel Lago, Xoel Malfaz (1), Marcos Varela, Iago Castro (1), Mateo Martínez (2), Pablo Pazos (8), Roque Díaz, Roque Estévez (2), Jorge Outón, Jaime Serrano, Mateo López, Nicolás Cancela (1), Borja García (1).

Árbitros: Iván Navarro e Guillem Baena, que excluíron dous minutos a Clemente, Adrián Ortega e Thompson, por Andalucía e a Mateo Martínez, Roque Estévez, Jorge Outón e Borja García, por Galicia.

Parciais: 1-3, 4-5, 7-5, 11-6, 14-8 (descanso), 18-10, 21-13, 23-16, 26-17, 27-18 (final)

Incidencias: Semifinal do Campionato de España de Seleccións Territoriais categoría Infantil Masculina.

A selección galega infantil masculina caeu derrotada hoxe con claridade ante Andalucía, sen dúbida a gran favorita a proclamarse campioa de España. Os galegos acusaron a presión e xogaron moi atenazados polos nervios.

E iso a pesar de que o inicio do partido foi moi bo para o noso combinado. Nos primeiros 6 minutos, a fantástica defensa e a espectacular actuación do meta galego Rubén Costas permitiron aos galegos poñerse cun prometedor 1-5, que provocou o tempranero tempo morto de Andalucía. E todo cambiou. Os andaluces afogaron o ataque galego cunha gran defensa e Galicia encaixou un demoledor parcial de 9-0 en menos de dez minutos, que obrigou a Menduiña a pedir tempo morto para frear esta avalancha. Pero para entón, Andalucía dominaba no marcador e na cancha, mentres que Galicia carecía da frescura e descaro amosado durante todo o campionato e cometía multitude de erros que supoñían claras contras dos andaluces. Ao descanso, 14-8 para Andalucía.

A segunda metade seguiu por ese mesmo camiño: Galicia con moitas imprecisións no ataque, o que favorecían os continuos contraataques do cadro andaluz. O corpo técnico galego tratou de cambiar a dinámica cunha defensa moito máis avanzada, pero non puido achegarse no marcador. Agora toca pensar na loita por ese bronce fronte a Castela e León.

Mañá, loita polo bronce: Galicia-Castela e León (09:00 horas)

Xuvenil feminina.  Madrid 29:22 Galicia

29. Madrid: Aroa Morcuende (4), Paula Testal (1), Lucía Laguna (3), Lucía Arcos, Noelia García (7), Ainara Vega, Laura Díaz (4), Celia Alonso (4), Celia Acuña (3), Teresa Alonso, Silvia López, Sofía Díaz (2), Diana Barrio, Sara Hernández (1), Nerea Pozo, Sara Luján.

22. Galicia: Lara García, Carla Vidal (1), Nerea Arias, Lucía Méndez (2), Lorena Vaello (2), Alba Afonso, Ángela Vilaboa (1), Eva Rodríguez (1), Lucía Álvarez (5), Mara González (1), Aroa Fernández, Noelia Solla (1), Mencía Lorenzo, Carla Baltasar (7), Yaiza Alonso (1), Tania Gómez.

Árbitras: Victoria Avilés e María Sánchez. Descualificaron a Lara García (min. 32:40). Excluíron dous minutos a Sara Hernández, por Madrid e á galega Lucía Álvarez.

Parciais: 3-3, 5-5, 8-6, 12-6, 13-8, 13-12 (descanso), 16-13, 19-16, 20-18, 22-20, 25-21, 29-22 (final)

Incidencias: Partido pola quinta posición do Campionato de España Xuvenil Feminino.

A selección galega xuvenil feminina non puido con Madrid nun choque no que as galegas foron de máis a menos, pero no que sempre deron a cara.

As nosas xogadoras saíron á cancha moi intensas e o partido estivo moi axustado durante os primeiros quince minutos. Despois, Madrid logrou escaparse de ata seis tantos, pero Galicia, moi forte en defensa e acertada en ataque, foi recortando pouco a pouco para chegar ao descanso perdendo pola mínima (13-12).  

Na segunda metade, unha vermella á porteira case nada máis comezar, e o escaso acerto en ataque, permitiu a Madrid coller unha pequena vantaxe  que foi regulando para non sufrir nos instantes finais.

Mañá, loita pola sétima posición: C. Valenciana-Galicia (09:30 horas)

Cadete feminina. Castela e León 28:29 Galicia

28. Castela e León: Amina Sophie Sarr, Sara Martín (1), Sara Fernández (4), Lucía Casares (3), Leyre González, Jimena Gil (1), Noelia Paniagua (2), Jimena García (4), Valeria de las Moras (2), Ángela Perrote (1), Clara Gutiérrez, Marta Velasco, Jimena Arriaga (1), María García (4), Victoria Alexia (5), Laura Vallinas.

29. Galicia: Irene Ríos, Paula Diéguez, Adriana Rial (5), Alejandra Montenegro (2), María Baz, Nerea Patiño (1), Irene Romero, Naihara Costas (2), Ainé Roca, Lucía Castiñeira (1), Uxía Fernández (10), Inés Bernárdez, Iria Augusto (3), Sara Pereira (4), Ángela Portela, Iria Benaches (1).

Árbitras: Marta Saborido e Eva Sánchez. Excluíron dous minutos a Valeria, Clara e Jimena Arriaga (Castela e León) e a Alejandro Montenegro (2), Naihara Costas, Ainé Roca, Uxía Fernández e Iria Augusto por Galicia.

Parciais: 3-4, 6-5, 10-9, 11-10, 13-12, 14-16 (descanso), 16-16, 17-20, 19-23, 21-25, 25-28, 28-29 (final)

Incidencias: Semifinal da Copa de España categoría Cadete Feminina.

Galicia superou a un duro rival nestas semifinais da Copa de España, nun partido moi axustado no que houbo que sufrir ata o final. Castela e León era, a priori, un dos claros favoritos ao ascenso, aínda que quedou ás beiras do obxectivo marcado. As galegas saíron á cancha algo frías e igual un pouco confiadas e iso significou que as castelás dominaban o marcador (9-6, min. 11), polo que o seleccionador Pumar solicitou tempo morto. A partir dese intre houbo cambio de defensa, que pasou a un 5:1, e as galegas melloraron no aspecto defensivo. Iso si, con moitas exclusións, que incluso as deixaron dúas veces con catro xogadoras de campo no parqué. A pesar diso, xogaron con cabeza e chegaron ao descanso con 14-16 para Galicia.

Na segunda parte, a defensa 5:1 seguiu funcionando e ademais as galegas melloraron en ataque de forma que se puxeron cinco goles arriba. No tramo final, elas apostaron por una defensa presionante e iso unido a unha exclusión, provocaron algunhas perdas de balón e sufrimento nos instantes finais.

Mañá, final da Copa de España: Aragón-Galicia (10:45 horas)

Cadete masculina. Aragón 29:35 Galicia

29. Aragón: Fernando Baquero, Alejandro Sánchez (1), Nicolás Ruiz (1), Ismael Ursua (2), Nicolás Porcel (3), Joel Romero (8), Eduardo Álvarez, Víctor Sánchez (1), Juan García (8), Isaac Popa, Diego Álvarez (3), Diego Castillo, Hibson Kolman, Martín Usón (2).

35. Galicia: David Failde, Pedro Fernández-Couto, Yago López (2), Pablo Veiga (1), Brais Martínez (7), Sergio Munín (1), Roi González (1), Eloy Domínguez, Yago Raimúndez (1), Xoán Fernández (4), Manuel Hernández (1), Samuel Seijas (5), Asier Vázquez, Adrián Rey (1), Manuel Lorenzo (11), Nico Giráldez.

Árbitros: Alex Yugueros e José Manuel Cárceles. Excluíron dous minutos a Nicolças Porcel (3, descualificado no minuto 57:19), por Aragón, e a Sergio Munín, Samu Seijas e Manu Lorenzo, por Galicia.

Parciais: 3-5, 5-10, 10-12, 14-14, 16-15, 19-17 (descanso), 21-18, 22-22, 25-24, 27-28, 29-32, 29-35 (final)

Incidencias: Semifinal da Copa de España categoría Cadete Masculina.

Galicia acadou o seu pase á final da Copa de España tras superar a Aragón, non partido no que os nosos impuxeron o seu xogo na segunda metade.

Galicia comezou ben o partido. Concentrada, cunha boa defensa e acadando goles sinxelos o que lles permitiu conseguir 5 goles de vantaxe (5-10). Pero o tempo morto de Aragón e unha exclusión galega, permitiulle ao rival entrar no partido. Aragón non tiña problemas para superar á defensa galega cos seus 1×1 e así, chegaron ao descanso dous tantos arriba (19-17).

Tralo descanso, o conxunto galego saíu moi enchufado, mellorou moito no aspecto defensivo (só encaixaron 10 tantos na segunda metade) o que lles permitiu correr e acadar goles á contra. Así, a partir do minuto 40 puxéronse por diante no marcador e xa non se baixaron de aí.

Mañá,  final da Copa de España: Asturias-Galicia (10:45)

Xuvenil masculina. Cantabria 35:40 Galicia

35. Cantabria: Mario Mora, Miguel Campo, Daniel Liaño, Rodrigo Torre, Iván Garma (4), Miguel de Cos (6), Juan Adrián Rasines (1), Javier Balsa, Sergio Fernández (3), Marcos Domínguez (5), Carlos Gómez (9), Rodrigo González (1), Marcos Melkamu (3), Diego Gándara (2), Pablo Rama (1).

40. Galicia: Mateo Pallas, Abián Rodríguez, Eduardo Alonso (4), Martín Fuentes (3), Gael Blanco (7), José Manuel Meira, Iago Iglesias (2), Pablo Gándara, Manu Pérez (3), Martín González (4), Julián García (3), Juan Rodríguez (1), Marko Ojeda (3), Carlos Ocaña (5), Sergio Blond (3), Nuno Loxo (2).

Árbitros: Aitor Gurrutxaga e Joan Andre Goenaga. Excluíron dous minutos a Daniel Liaño, Marcos Domínguez, Carlso Gómez, Marcos Moreno e Diego Gándara (Cantabria) e a Martín Fuentes, Gel Blanco, Iago Iglesias, Manu Pérez, Martín González, Marko Ojeda e Carlos Ocaña, por  Galicia.

Parciais: 0-0, 2-2, 6-5, 8-9, 12-14, 14-16 (descanso), 16-20, 20-22, 22-25, 26-27, 28-31, 35-40 (final)

Incidencias: Semifinal da Copa de España categoría Xuvenil Masculina.

A selección galega xuvenil masculina xogará a final da Copa, despois de superar a Cantabria, nun partido complicado no que Galicia volveu encaixar máis tantos dos desexados.

Nestes partidos de Copa, o factor mental é moi importante, e Cantabria saía á cancha moi motivada e con gañas de eliminar ao equipo que baixaba do Campionato. A pesar diso, Galicia entrou ben no partido cunha defensa 6:0, pero sen ser capaz de abrir distancias claras no marcador. Na segunda metade parecía que por fin se rompía o partido, cando Galicia logrou 7 tantos de vantaxe, pero Cantabria, tremendamente combativa, no baixou os brazos. Ademais as lesións de Gael e Marko fixeron dubidar aos nosos, e Cantabria chegou a poñerse a só dous tantos. Ao final, cunha boa colaboración entre a defensa e a portería, pechouse o triunfo e xa pensan na final de mañá.

Mañá, final da Copa: Canarias-Galicia (11:15 horas)

Infantil feminina. Galicia 25:23 Asturias

25. Galicia: Yanet Rodríguez, Uxía Crespo (1), Gabriela Martíns, Eva González, Lara Moure, Candela Martínez, Daniela Suárez, Lía Salvado (5), Goretti Carballal (2), Iria López (5), Leire  Martínez (3), Celia Pérez (6), Adriana Barreiro (3), Ana Prol, Leire González, Aldara Porrúa.

23. Asturias: Carlota Colunga, Inés Quirós (1), Leyre Nieto (2), Leire Vigil (10), Lucía Cabaleiro, Saray Morís, Deva García, Alba García, Aitana Fonticiella (2), Lucía Calleja (1), Laura Sánchez (3), Valeria Corzo, Llara Solis (2), Vera Sánchez, Alba Corricho (2).

Árbitras: Caridad Rosell e Isabel Anastasia Herreros. Excluíron dous minutos aUxía Crespo e Iria López, por Galicia e ás asturianas Lucía Calleja (3, descualificada no minuto 38:50), Laura Sánchez e Vera Sánchez..

Parciais: 1-5, 2-8, 5-10, 8-10, 11-14 (descanso), 14-17, 17-19, 20-20, 22-23, 25-23 (final).

Incidencias: Semifinais da Copa de España da categoría infantil feminina do CESA 2022.

A selección galega infantil feminina venceu a Asturias na semifinal da Copa de España, nun encontro no que as nosas rapazas foron de menos a máis.

As asturianas iniciaron o encontro establecendo unha clara vantaxe no electrónico (2-8, min. 10), que provocou o tempo morto da seleccionadora Ana Alonso. E Galicia comezou a remontar. Ao descanso 11-14. Na segunda metade Galicia aumentou a súa intensidade defensiva e así puido correr á contra para conseguir por fin a igualada no marcador (20-20, min. 38) e despois o triunfo.

Mañá, final da Copa: Galicia-Aragón (11:15 horas)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *