“PTV Hansdtran, VEBA, BMP Pescados, e Area Bueu imperan na Xira Galega de Balonmán Praia”

“PTV Hansdtrand, VEBA, BMP Pescados, e Area Bueu imperan na Xira Galega de Balonmán Praia”

O 25 de xullo celebrouse a Fase Final da Xira Galega de Balonmán Praia Mancomunidade de Concellos do Morrazo, poñendo o colofón a unha competición que se resume en mais de novecentos encontros, encadrados en catro probas, mais de tres mil participantes repartidos en nove categorías, e unha fase final que tivo coma escenario a Praia de Xunqueira de Moaña.

O club pontevedrés PTV Handstrand acadou o título de campión galego nas categorías masculinas de sénior, xuvenil e cadete; mentres que o club VEBA, que chegou con sete equipos ás finais, fixo o propio na categoría infantil masculina. 

No que a feminino se refire, Painkillers foi o campión da categoría sénior, mentres que a xuvenil e cadete, nesta ocasión, leva o nome de BMP Pescados; Petanca e Area Bueu foron os campións da categoría infantil feminina e alevín mixta respectivamente.

Os MVP da Xira Galega foron:

  • Categoría Sénior Masculina: Javier Vázquez (PTV Hansdtrand)
  • Categoría Sénior Feminina: Raquel Santos (VEBA Baywatch)
  • Categoría Xuvenil Masculina: Mateo Pallas (Veba Os da Jrada)
  • Categoría Xuvenil Feminina: Adriana Rial (BMP Pescados)
  • Categoría Cadete Masculina: Manuel Hernández (PTV Handstrand)
  • Categoría Cadete Feminina: Naihara Costas (VEBA Lemurs)
  • Categoría Infantil Masculina: Óscar González (VEBA A Jradiña)
  • Categoría Infantil Feminina: Iris Santana (Anubis Petanca)
  • Categoría Alevín Mixta: Marco Soliño (Area Bueu Ermelo)

Esta útlima xornada contou coa presenza do Presidente da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, Félix Juncal, a alcaldesa do Concello de Moaña, Leticia Santos, o Presidente da Federación Galega de Balonmán, os concelleiros: Rubén Viéitez (Concello de Moaña), Sagrario Martínez e Oliver Álvarez (Concello de Cangas) e Ricardo Verde (Concello de Bueu) e o Xefe de Deportes da Xunta de Galicia na Provincia de Pontevedra, Daniel Benavides.

A Fase Final da Xira Galega de Balonmán Praia Mancomunidade de Concellos do Morrazo puxo o punto e final á tempada de balonmán praia para a Federación Galega de Balonmán, que xa está a traballar para programar a tempada 2024 dunha modalidade que cada vez conta con máis adeptos/as.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *