CONCENTRACIÓN DAS SELECCIÓNS GALEGAS PARA O CESA

Esta fin de semana (20 e 21 de novembro) as nosas seleccións infantís (masculina e feminina), cadetes (masculina e feminina) e xuvenil masculina estarán concentradas en Mondariz para seguir coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2022 en Murcia.

Os nosos combinados estará aloxados no Hotel CEMAR de Mondariz Balneario e adestrarán no Pavillón de Mondariz e no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas.

IMPORTANTE: Todos os xogadores e xogadoras adestrarán coa MÁSCARA OFICIAL. Os/as xogadores/as  terán que pasar un TEST-COVID á chegada da concentración.

* Achégase documento de AUTORIZACIÓN paterna/materna que deberá entregarse á chegada ao primeiro adestramento xunto co DNI en vigor e TARXETA SANITARIA (sen estes documentos non poderán adestrar).

A continuación, tedes as convocatorias e a autorización.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.