COMUNICADO OFICIAL: RETORNO AOS ADESTRAMENTOS E Á COMPETICIÓN

No día de hoxe, a Secretaría Xeral Para o Deporte publicou o protocolo coa metodoloxía a seguir polas federacións deportivas galegas para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

A Federación Galega de Balonmán está a traballar nos protocolos para o retorno á actividade, aínda que a día de hoxe, coa normativa vixente non está permitido o contacto físico, o cal implica unha incompatibilidade total coa práctica da nosa modalidade na forma á que viñamos acostumados/as. Nos vindeiros días, dende a Federación Galega de Balonmán trataremos de propoñer alternativas para poder seguir coa promoción da práctica do balonmán. É momento de reinventarnos mentres non poidamos voltar á normalidade.

Os adestramentos individuais e colectivos, sempre e cando cumpran a normativa vixente na nosa Autonomía, poderían levarse a cabo: máximo 25 persoas mantendo a distancia de seguridade interpersoal, é dicir, sen contacto físico, etc…

A Federación Galega de Balonmán irá informando aos clubs de todos os avances que se realicen dentro do proceso de desescalada e das medidas que se vaian adoptando para facilitar a volta á actividade; mentres tanto pedimos cautela: debemos dar pasos firmes para avanzar.

4 Comments to “ COMUNICADO OFICIAL: RETORNO AOS ADESTRAMENTOS E Á COMPETICIÓN”

  1. xhblcnzbkt dice:

    Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?

  2. ddpscihufk dice:

    Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?

  3. nfdxjlgwfa dice:

    Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?

  4. wswvspnmep dice:

    Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *