A COPA FEDERACIÓN SÉNIOR FEMININA XÓGASE ESTA FIN DE SEMANA EN SALCEDA DE CASELAS

Esta fin de semana (18 e 19 de maio) celébrase en Salceda a Copa Federación Sénior Feminina coa participación dos tres primeiros clasificados ligueiros, BM Moaña, BM Porriño e Asmubal Meaño, e as anfitrioas do Balonmán Caselas.

As semifinais xóganse hoxe sábado e son as seguintes:

18:30h Asmubal Meaño – BM Moaña

20:30h BM Porriño – BM Caselas

O domingo, na derradeira xornada, disputarase a loita polo 3º e 4º posto ás 10:30h e a gran final ás 12:30h

Moita sorte a todas!

Debes ser identificado introducir un comentario.