ALICANTE ACOLLE A PARTIRES DO DÍA 1 O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA

Gran representación galega, con 18 conxuntos

Alicante toma o relevo de Laredo (Cantabria) como sede do XXI Campionato de España, última proba da tempada de balonmán praia 2019. A praia de San Xoán acollerá do día 1 ao 5 de agosto a máis de 200 equipos entre infantís e sénior feminino e masculino.

Galicia estará representada en todas as categorías da competición cos clubs Veba, que aporta equipos en todas as categorías base, PTV HandStrand actuais campións galegos sénior, xuvenil e cadete masculino; o BMP Painkillers, Servisub Area Bueu e o BMP Pescados.

Na páxina da Real Federación Española de Balonmán podedes consultar toda a información sobre a competición, grupos e horarios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *