A pasada fin de semana, o pavillón do Gatañal viviu a Fase Final da Copa Galicia das categorías infantil, cadete, xuveníl e sénior; oito encontros nos que sairon triunfadores os seguintes equipos: Categoría Infantil Masculina: Librería Dalvi Lalín Categoría Infantil Feminina: Tecnosat Balonmán Cangas Categoría Cadete Masculina: Culleredo Remax Riazor Categoría Cadete Feminina:  Ferretería Molares Carballal
Novos cursos para árbitros/as e anotador(a)/cronometrador(a). A Federación Galega de Balonmán abriu o prazo de inscrición duns cursos de anotador/cronometrador e de árbitro de iniciación, que se realizarán de forma on-line, co obxectivo de favorecer que as e os interesados poidan realizar esta formación dende casa e adaptado ás súas posibilidades horarias. Curso árbitro/a iniciación/aspirante. O
Neste tempo de confinamento na casa, as videoconferencias son máis necesarias que nunca. Por este motivo, a Federación Galega de Balonmán decidiu crear unha sala de videoconferencias para que os seus clubs e federados poidan desenvolver reunións e encontros a través desta plataforma. O funcionamento é moi sinxelo. O primeiro é enviar un correo electrónico
Pouco a pouco os campións das ligas galegas van collendo nombre propio e a última fin de semana coñecemos tres novos conxuntos que conseguían proclamarse campións galegos! Na Primeira División Cadete Feminina acadou o título a AD Carballal, mentres que na mesma categoría masculina venceu o BM Luceros. E por último, na Primeira División Infantil Feminina
Sen dar opcións aos seus rivais, a UVigo proclámase por terceiro ano consecutivo campioa galega nas dúas categorías. O Municipal de Pontevedra foi testemuña no día de onte do Campionato Galego Universitario, que comezaba ás 10:00 horas co enfrontamento entre as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo na categoría masculina. A competición masculina, que
O Pavillón Municipal foi o elixido pola Universidade de Vigo para disputar a competición. Un ano máis comeza a tempada universitaria de balonmán. O Campionato Galego, organizado este ano pola Universidade de Vigo, abrirá as portas nacionais para quen mañá se proclame campioa na cidade do Lérez. As Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e
Os play-off dan paso ás competicións polo Campionato Galego e o conseguinte acceso aos sectores nacionais. As categorías xuvenil, cadete e infantil feminina e masculina dan o pistoletazo de saída á loita por ser o mellor equipo da nosa comunidade. En total serán 78 equipos os que comezarán esta fin de semana a Liga 2019/20.
O Acanor Atlético Novás e o Club Cisne Colegio Los Sauces comezarán a tempada cun derbi cargado de emoción. Este sábado saltan a pista os equipos da División de Honra Prata Feminina e Masculina, con catro representantes galegos na categoría feminina e tres na masculina. E o sorteo obsequiounos na primeira xornada cun interesante derbi
A xogadora do Conservas Orbe Porriño disputará co conxunto nacional dous encontros amistosos fronte a selección de Francia O seleccionador español Imanol Álvarez ofreceu a lista das xogadoras en idade júnior, que foron convocadas para a disputa dun dobre compromiso fronte a selección gala os días 27 e 28 de setembro en Francia. Nesta convocatoria
O Acanor Atlético Novás, co motivo da celebración do XXI Trofeo Concello do Rosal, celebra un clinic sobre o noso deporte con tres poñentes de categoría: Edu Agulló, Manolo Cadenas e Ismael Martínez. Edu Agulló, periodista nado en Pontevedra, é un dos maiores coñecedores do balonmán tanto nacional como internacional. O director do portal Handstation abordará un