A UVIGO, CAMPIOA GALEGA UNIVERSITARIA FEMININA E MASCULINA

Sen dar opcións aos seus rivais, a UVigo proclámase por terceiro ano consecutivo campioa galega nas dúas categorías.

O Municipal de Pontevedra foi testemuña no día de onte do Campionato Galego Universitario, que comezaba ás 10:00 horas co enfrontamento entre as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo na categoría masculina.

A competición masculina, que se disputaba a un todos contra todos nun triangular, estivo dominada de principio a fin pola UVigo, que con catorce xogadores na sua maioría de categorías nacionais, e un claro sistema de roubo de balón e contraataque superaron aos dous rivais por rendas de máis de 10 goles.

Na sección feminina, as gañadoras saldrían dun encontro único a 60 minutos reglamentarios. As da USC, cun equipo renovado e xente nova, buscaron plantarlle cara ás actuais campioas de España, máis non foi posible realizar a fazaña ante un conxunto xa consolidado que se amosaba moi seguro no campo e cunha complicidade digna dun equipo que adestra toda a tempada xunto.

Dende a Federación Galega de Balonmán en primeiro lugar queremos mandarlle un gran agariño e desexarlle unha pronta recuperación á xogadora da UVigo Lara Patiño, que onte sufría unha rotura no rotuliano. E a nosa noraboa a ambos conxuntos da Universidade de Vigo que representarán a Galicia no campionato Estatal que este ano se celebra na cidade de León.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *