SORTEO DO CALENDARIO DA DIVISIÓN DE HONRA PRATA MASCULINA

SD Teucro, Disiclín Balonmán Lalín e Acanor Atlético Novás xa coñecen o calendario da División de Honra Prata Masculina da tempada 2020/21, que comezará 26 de setembro.

Esta mañá celebrouse, na sede da Real Federación Española de Balonmán, o sorteo do calendario para a tempada 2020/21 da División de Honra Prata Masculina no cal participaron Francisco V. Blázquez, presidente da Comisión Xestora do ente federativo, e José Ramón García Ortiz, director do Departamento de Competicións. A xornada 1 para os nosos clubs queda así:

GRUPO A
S.D. Teucro : UBU San Pablo Burgos
Disiclín Balonmán Lalín : U.E. Sarrià Enforno Sporting Alacante : Sant
H. C. Playasol Eivissa : Acanor Atlético Novás

Os próximos días 26 e 27 de setembro arrincará a tempada 2020/21 da División de Honra Prata Masculina, unha edición na que participarán 20 equipos e que terá como novidade a división dos devanditos conxuntos participantes en dous grupos de 10 equipos cada un.

Xogarase unha primeira fase en sistema de dobre volta, todos contra todos. Os cinco primeiros clasificados de cada grupo disputarán unha segunda fase polo título, mentres que os cinco últimos clasificados disputarán unha segunda fase pola permanencia.

Os equipos enfrontaranse nun sistema de dobre volta fronte aos rivais do outro grupo, arrastrando resultados e puntos dos rivais da primeira fase. Ascenderán os dous mellores equipos na segunda fase polo título, e descenderán os cinco peores equipos da fase pola permanencia. A entrada do play- off de permanencia entre o quinto peor clasificado e o terceiro mellor clasificado de División de Honra Prata Masculina queda aprazado á Tempada 2021/22, tal e como se acordou na pasada Asemblea Xeral Ordinaria da Real Federación Española de Balonmán.

1 Comment to “ SORTEO DO CALENDARIO DA DIVISIÓN DE HONRA PRATA MASCULINA”

  1. Can you be more specific about the content of your article? After reading it, I still have some doubts. Hope you can help me.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *