A FGBM CONDENA OS FEITOS ACAECIDOS DURANTE O ENCONTRO DOS PLAY OFF DA CATEGORÍA INFANTIL FEMININA ENTRE O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS E O BALONMÁN CHAPELA

A raíz dos feitos acaecidos na grada durante o encontro da primeira xornada dos Play Off de categoría Infantil Feminina entre o Mecalia Atlético Guardés e o Balonmán Chapela, os cales provocaron a paralización do partido durante varios minutos. Dende a Federación Galega de Balonmán condenamos rotundamente a actitude violenta dos/as afeccionados/as implicados/as e confirmamos publicamente que daremos traslado de toda a información da que dispoñemos ao Comité Territorial de Competición,
reservándonos e tendo claro o dereito a acudir a outras instancias maiores e autoridades competentes para garantir de xeito implacable que feitos coma estes non se volvan dar dentro do Balonmán Galego.


Por outra banda, a Federación Galega de Balonmán insta aos clubs e a todo o público asistente a que colaboren á hora de afastar dos terreos de xogo a calquera persoa que amose conductas violentas deste tipo. A Federación Galega de Balonmán pide o compromiso e implicación de todo o Balonmán Galego para eliminar este tipo de comportamentos, educar á masa social e conservar os principios básicos do espírito deportivo.


Así mesmo, queremos amosar o noso total apoio ao colectivo arbitral, xa que máis aló da falta de empatía, da cultura deportiva, e da crispación pola competición mal entendida de varios/as asistentes aos encontros. A Federación Galega de Balonmán valora enormemente o esforzo que realiza cada membro/a do estamento: mentres a actitude sexa correcta, os erros son parte do proceso natural de formación de calquera deportista, e quen non o entenda así é mellor que invista o seu tempo en algo máis produtivo que indo aos pavillóns a faltar ao respecto a deportistas tan importantes e fundamentais para o noso deporte.


NON á violencia no deporte, NON a normalizar os insultos e as saídas de ton, NON a ir aos pavillóns a facer que outra xente non desfrute do balonmán, NON a mirar para outro lado, NON a dar mal exemplo aos/ás deportistas…


Federación Galega de Balonmán

Debes ser identificado introducir un comentario.