COMEZA A PREPARACIÓN DO CAMPIONATO DE ESPAÑA PARA AS SELECCIÓNS GALEGAS

Comeza o traballo para as nosas seleccións galegas! Esta fin de semana iniciarán o camiño cara ao Campionato de España que se celebrará a comezos de 2020 en Cantabria. O domingo 10 de novembro todas elas terán sesións de adestramento.

A selección infantil feminina está citada o domingo 10 de novembro (16:30 horas) no Pavillón O Rosal de Moaña, mentres que a infantil masculina adestrará no Polideportivo Manuel Coto Ferreiro (A Estrada) a partir das 17:00 horas.

Cadete feminina: Adestrarán o domingo 10 de novembro ás 16:30 horas no Pavillón Loureiro de Carballal (Vigo).

Cadete masculina: Os xogadores están convocados o domingo ás 17:00 horas no Polideportivo Manuel Coto Ferreiro de A Estrada.

Xuvenil feminina: A cita será no Pavillón Loureiro de Carballal a partir das 18:30 horas.

Xuvenil masculina: A convocatoria é para o domingo ás 18:30 horas no Pavillón A Seca, de Poio.

Nos enlaces tedes as convocatorias e as indicacións a seguir.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *