A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN E O GRUPO CdeC ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN PARA OS PRÓXIMOS DOUS ANOS

A Federación Galega de Balonmán e o Grupo CdeC chegan a un acordo de patrocinio que unirá os seus camiños durante os próximos dous anos. A compañía galega, presidida polo empresario vigués Carlos Calo, presenta unha experiencia de máis de 16 anos no universo da produción gráfica, chegando a recibir o galardón “Cantábrico Excelente 2019”, que recoñece a tecnoloxía e profesionalidade das que goza a firma galega.

O acto de sinatura do acordo realizouse na sede da Federación Galega de Balonmán e contou coa presenza do director xeral do Grupo CdeC Manuel Varela  e o Presidente da FGBm Bruno López.

Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán declarou que “este acordo de patrocinio supón un  gran paso para a Federación. Ter o apoio dun grupo empresarial serio e profesional como é CdeC é unha tranquilidade. Nos últimos meses vimos traballando xuntos en varias iniciativas e a verdade é que as sensacións son moi boas; o trato humano, a implicación e a profesionalidade amosada por CDeC levan o selo do balonmán galego. Este acordo daranos a oportunidade de dar un maior impulso ao colectivo arbitral, de introducir melloras importantes nos nosos eventos e de seguir potenciando a nosa marca.

Pola súa banda, o director xeral do grupo CdeC, Manuel Varela, manifestou que “a alianza ca Federación e un paso moi importante para o noso grupo, polo que sempre estareille agradecido por confiar en nós“. Así mesmo, Carlos Calo, propietario do Grupo CdcC, expresou a súa satisfacción polo acordo asinado:  “Eu so quería darlle as grazas ao presidente da Federación por confiar en nós nestes momentos delicados e facerlle saber que terá o noso apoio nos proxectos nos que necesite que estéamos o lado da Federación”.

A Federación Galega de Balonmán segue a traballar en acordos vantaxosos para fomentar e mellorar a promoción do Balonmán Galego despois dun ano marcado pola pandemia da Covid-19. A xunta directiva presidida por Bruno López presentará, nas vindeiras semanas, varias iniciativas novidosas coa intención de relanzar a práctica do balonmán en toda a comunidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *