AS SELECCIÓNS GALEGAS CADETE MASCULINA E INFANTIL FEMININA PARTICIPARÁN NO TORNEO CIDADE DE MAIA

As seleccións galegas cadete masculina e infantil feminina participarán no I Torneo Internacional de Seleccións Rexionais Cidade de Maia 2021, que se celebrará esta fin de semana (18 e 19 de decembro) na cidade de Maia (Portugal).

Todos os xogadores e xogadoras para poder viaxar deben ter toda a documentación en regra. Ademais dos documentos que normalmente teñen que levar (documento de autorización paterna, DNI e Tarxeta Sanitaria), puntualizamos a continuación outros documentos necesarios:
– Certificado de vacinación COVID ou pasaporte COVID (a poder ser en formato papel), requisito solicitado pola organización do torneo.
– Declaración firmada de permiso de viaxe fóra do territorio nacional.


Tódolos xogadores e xogadoras pasarán un test COVID antes de subir ao autobús que será firmado polo médico da federación (requisito solicitado pola organización do torneo).

Na seguintes ligazóns, tedes as convocatorias e a autorización de pais/nais ou titores.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.