Pouco a pouco os campións das ligas galegas van collendo nombre propio e a última fin de semana coñecemos tres novos conxuntos que conseguían proclamarse campións galegos! Na Primeira División Cadete Feminina acadou o título a AD Carballal, mentres que na mesma categoría masculina venceu o BM Luceros. E por último, na Primeira División Infantil Feminina o BM Cangas facíase con título.
Primeira División Cadete Feminina
A falta de dúas xornadas para rematar a competición as viguesas do Gráficas Lasa Carballal conseguen, ao igual que o ano pasado, proclamarse campioas galegas. Pese que por números as segundas clasificadas poderían empatar a puntos, o gol-average individual e xeral dalle indiscutiblemente a vitoria as do Carballal pase o que pase.
Primeira División Cadete Masculina
Ao igual que na sección feminina o Pizzería Baratto Balonmán Luceros consegue o Campionato Galego a falta de dúas xornadas. Aos do Morrazo, que adiantaron a xornada que se ía disputar esta fin de semana, só lles queda un encontro contra o Balonmán Porriño. No partido de ida, o Luceros conseguíu un +13 a favor.
Primeira División Infantil Feminina
O Balonmán Cangas Tecnosat álzase co título liguero tamén cos dous últimos encontros da competición por disputar, e a diferencia dos conxuntos cadetes as canguesas fanno inbatidas ata a data. O peche de Liga xogarano contra a SD Teucro, 10º clasificado no Gatañal, e antes pasarán pola pista do Rasoeiro BM, cuarto na táboa que non lle porá nada sinxelo chegar ata o final con 0 derrotas.
Para todas e todos eles, noraboa!!!
Debes ser identificado introducir un comentario.