A S.D. TEUCRO CELEBRA O SEU 80 ANIVERSARIO CUNHA OFERTA DEPORTIVA DE ALTO NIVEL.

Mañá xoves 14 de agosto, a S.D. Teucro celebra unha xornada de alto nivel deportivo para por o colofón ás actividades conmemorativas do seu 80 aniversario.

O irmán maior do balonmán galego cumpriu 80 anos, a S.D. Teucro un, dos clubs máis emblemáticos e históricos do noso país e da nosa comunidade, e por onde pasaron grandes xogadores e adestradores, leva varios meses realizando activacións de diferente índole para conmemorar o seu oitenta aniversario, entre elas:.

  • «80 anos de camiño azul» – Un roteiro con cinco faros distribuidos en diferentes lugares emblématicos da cidade do Lérez e da familia teucrista; en cada un dos puntos conta con información relevante da historia do club.
  • «Emocións do Teucro» – Exposición no teatro Principal de Pontevedra, onde se podrerá visitar unha mostra viva do legado teucrista: camisetas, trofeos, fotografías, documentos e recordos persoais que constrúen unha historia compartida entre o Teucro e Pontevedra.
  • «81 motivos máis» – Baixo este lema, a SD Teucro presentou a súa nova campaña de socios para a tempada 2025-2026, que supón unha invitación «a seguir formando parte da historia do club decano do balonmán galego e vicedecano do balonmán español».

Mañá 14 de agosto, a S.D. Teucro porá en marcha dúas iniciativas de índole deportiva:

  • «Xogo de Mestres» – Zupo Equisoaín, Manolo Cadenas, Sergio Carballeira, Edu Agulló e Víctor García Pillo realizarán unha charla coloquio sobre aspectos deportivos de máximo interese para calquera adiestrador/a de balonmán. A actividade celebrarase a partir das 11:30 horas no edificio da Xunta de Galicia (esquina de Benito Corbal) e a día de hoxe tuvo unha gran acollida xa que conta cun cheo absoluto.
  • «Encontros 80 aniversario. Parte de ti, parte de nós» – O prato forte do día servirase a partir das 18:45 horas no Pavillón Municipal, con dous encontros de máximo nivel:

18:45 Hrs. – S.D. Teucro VS Selección Galega All Star 1ª Nacional

21:00 Hrs. – Bm. Granollers VS Sport. Lisboa Benfica

Dende a Federación Galega de Balonmán, e por suposto dende a S.D. Teucro, animamos a todo o balonmán galego a desfrutarla deste colofón de actividades conmemorativas do oitenta aniversario do club máis lonxevo de Galicia.