SAMERTOLAMEU E BM CULLEREDO, CAMPIÓNS DAS FINAL FOUR DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Samertolameu, na categoría feminina, e BM Culleredo, na masculina, proclamáronse hoxe campións das Final Four Deputación da Coruña e acadaron unha praza para disputar as fases de ascenso a División de Honra Prata Feminina e Primeira Nacional Masculina, respectivamente.

Categoría feminina

O Samertolameu logrou proclamarase campión da Final Four feminina, tras superar ao BM Chapela. As de Meira controlaron o partido, ante un Chapela que non parecía cómodo en momento algún. Na primeira metade o choque estivo máis igualado, e BM Chapela e Samertolameu ían alternando posicións, para chegar ao descanso o Samertolameu un gol arriba. Na segunda metade todo continuou igualado ata os últimos dez minutos, nos que as de Meira xogaron con moita cabeza e lograron a vitoria (22:17).

Categoría masculina

Emocionante final a que nos ofreceron MC360 Poio Artai e BM Culleredo. O Poio foi por diante no marcador durante case todo o partido, chegando a ter unha máxima vantaxe de seis goles mediada a segunda parte, pero o Culleredo deu a volta ao marcador. Cambiou a defensa (5.1 moi presionante) e o Poio non foi quen de atopar os ocos para superar ao rival. Primeiro lograron o empate (22-22, min. 53) e despois puxéronse por diante no marcador por vez primeira a falta de 30 segundos para o final (25-24). Enorme remontada e triunfo para os locais, que acadaron así a clasificación para a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *