A XIRA GALEGA DE BALONMÁN PRAIA XOGARASE EN BUEU

A Xira Galega de Balonmán Praia celebrarase do 14 de xuño ao 25 de xullo, constará de cinco probas, dúas delas clasificatorias para os Arena 1000 de Torrox e o de Laredo.

A praia Banda do Río será o escenario da Xira Galega de Balonmán Praia, e coma novidade haberá unha proba puntuable para a Xira Galega en Oporto. As probas serán as seguintes:

  • PROBA 1: Do 14 ao 16 de Xuño. Campionato Concello de Bueu (categorías sénior e xuvenil). Localización: Praia Banda do Rio. Outorga unha praza en categoría xuvenil (masculina e feminina para o Arena 1000 de Torrox) e será puntuable para a Xira Galega.
  • PROBA 2: Do 20 ao 23 de Xuño. Campionato Concello de Bueu (categorías alevín, infantil e cadete). Localización: Praia Banda do Rio. Outorga unha praza en categoría infantil e cadete (masculina e feminina para o Arena 1000 de Torrox) e será puntuable para a Xira Galega.
  • PROBA 3: Do 27 ao 30 de Xuño. Proba Oporto (Portugal) (categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior). Localización: Edificio Transparente (Praia Internacional). Puntuable para a Xira Galega.
  • PROBA 4: Do 4 ao 7 de Xullo. Copa Concello de Bueu (Todas as categorías). Localización: Praia Banda do Rio. Outorgará unha praza en categoría infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculinas e femininas para o Arena 1000 de Laredo) e será puntuable para a Xira Galega.
  • PROBA 5: Do 11 ao 14 de Xullo. Copa Federación (Todas as categorías). Localización: Praia Banda do Rio. Puntuable para a Xira Galega.FASE FINAL: 25 de Xullo (catro mellores clasificados de cada categoría).

Ante a idea de centralizar a Xira Galega en Bueu, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López comentou: «a verdade é que cada vez é máis difícil atopar praias nas que se poidan montar os campos necesarios para dar servizo á demanda existente, o balonmán praia está a medrar moito, require dunha loxística moi complexa e dun investimento importante, nestes momentos somos a única federación autonómica que asume a organización plena das probas, incluso o circuito nacional recortou o número de torneos. Bueu deunos todas as facilidades para levar a cabo a actividade e coas mellores garantías, temos a colaboración plena por parte do club e a zona é do gusto dos/as deportistas, cremos que era a mellor opción».

Dende a Federación Galega de Balonmán chegouse a un acordo coa Associação de Andebol de Porto para que do 27 ao 30 de xuño os equipos galegos poidan acudir a disputar unha proba á Praia Internacional que sexa puntuable para a Xira Galega de Balonmán Praia; Bruno López: «a boa relación coa asociación de Porto permítenos dar a posibilidade de que os equipos galegos poidan competir a nivel internacional con desprazamentos máis curtos que o que suporía calquera Arena 1000, a idea é seguir estreitando lazos para poder ampliar a oferta de balonmán praia e poder seguir incrementando o número de practicantes».

O prazo de inscrición para todas as probas da Xira Galega de Balonmán Praia estará aberto ata o 10 de xuño de 2024, e realizaranse a través da plataforma MiSquad, pódese adquirir máis información a través do enderezo electrónico bmpraia@fgbalonman.com ou chamando diretamente á Federación Galega de Balonmán.

Para a proba de Oporto:

Por último, xa está dispoñible o NOREBAP-GA na páxina web da federación, no apartado de «normativas e circulares», que o podedes consultar para coñecer de primeira man a normativa coa que se xogará nesta tempada.