XA TEMOS CAMPIÓNS GALEGOS DE BALONMÁN PRAIA 2021!

Que mellor forma de celebrar o Día de Galicia que xogando ao balonmán? O 25 de Xullo, baixo as nosas cores no ceo, celebrouse a última e definitiva xornada da Proba Concello de Marín-Copa Xacobeo, que a súa vez tamén era a última proba da Xira Galega de Balonmán Praia. Desta forma, tivemos campións por dúas vías: campións da Proba Concello de Marín e campións galegos!!

Na proba de Marín, celebrada dende o xoves ata o domingo na Praia de Loira, os gañadores foron:

Veba BayWatch (alevín mixto); Balonmán Cangas Lemurs (infantil feminino); BMP Espartanos SAR (infantil masculino); Veba Water (cadete feminino); Veba os da Jrada (cadete masculino); Veba Water (xuvenil feminino); Veba Pico e Pala (xuvenil masculino); AC Kaló Painkillers (sénior feminino) e PTV HandStrand (sénior masculino).

Así, coa xira finalizada e a suma dos resultados, chegou o momento de coñecer os nomes dos campións galegos de balonmán praia.

Merengue Merengue A (feminino) e PTV HandStrand (masculino) lograron os títulos galegos na categoría sénior; mentres que en xuvenil os campións foron Balonmán Praia Painkillers (feminino)  e Veba Pico e Pala (masculino).

Tamén temos campións galegos nas categorías dos máis pequenos. Balonmán Praia Painkillers A (alevín mixto); Café Bar A Bouza Lavadores Petanca (infantil feminino); BMP Espartanos SAR (infantil masculino); Veba Water (cadete feminino) e Veba Indefinido (cadete masculino).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *