AS NOSAS SELECCIÓNS, DE CONCENTRACIÓN ESTA FIN DE SEMANA

Xa queda moi pouco para o Campionato de España de Seleccións Territoriais das categorías infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas e as nosas seleccións aceleran a súa preparación.

Aproveitando as vacacións do Nadal esta fin de semana todos os nosos combinados estarán concentrados para seguir traballando na súa preparación. Os xogadores e xogadoras deben presentarse nos lugares e horas indicadas coa documentación requerida: autorización paterna/materna asinada, DNI en vigor e copia da tarxeta sanitaria

Infantil masculina

A selección infantil masculina está convocada o venres 20 de decembro (18:45 horas) no Colexio San Narciso de Pontevedra. Estarán concentrados ata o domingo.

Infantil feminina

O combinado infantil feminino estará concentrado en Lalín de venres 20 a luns 23. Adestrarán no Lalín Arena e estarán aloxadas no Albergue Vicente Agulló da capital do Deza.

Cadete masculina

A selección cadete masculina estará concentrada sábado e domingo no Colexio San Narciso de Pontevedra.

Cadete feminina

Concentración en Lalín do 20 ao 23 de decembro, con hospedaxe no Albergue Vicente Agulló e adestramentos no Lalín Arena.

Xuvenil masculina

O combinado xuvenil masculino estará concentrado domingo e luns en Pontevedra. Estarán hospedados no Colexio San Narciso e adestrarán no Pavillón do CGTD e no do propio colexio.

Xuvenil feminina

Mesmo plan de traballo que o do equipo masculino. As xuvenís estarán concentradas domingo e luns no Colexio San Narciso e repartirán os adestramentos entre o colexio e o CGTD.

A continuación tedes os enlaces coas convocatorias e plan de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *