ABEGONDO E ABEGONDO SUPERSTAR, CAMPIÓNS DA PRIMEIRA EDICIÓN DA COPA 5X5 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Rematou en Camariñas a primeira edición da Copa 5×5 Deputación da Coruña Balonmán na Rúa co Abegondo como gran protagonista. Na categoría benxamín gañou o Abegondo (vencedor da proba de Ferrol) e na alevín o primeiro clasificado foi o Abegondo Superstar (1ª en Cerceda).

Foi un día de balonmán e convivencia, no que 12 equipos de diferentes puntos da provincia da Coruña acudiron a Camariñas. Houbo vencedores pero iso foi o menos importante, xa que o verdadeiro protagonista foi o balonmán e os nenos e nenas que durante todos estes meses descubriron este deporte e os seus valores.

Na entrega de trofeos participaron a deputada de Deportes da Coruña, Cristina Capelán; o concelleiro de Deportes de Camariñas, Fabián Canosa; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; e o presidente do Camariñas, Andrés Cerceiras. Houbo medallas para todas e todos os participantes, que tamén recibiron unha equipaxe conmemorativa da Gran Final de Camariñas.

A Copa 5×5 Deputación da Coruña, que comezou no mes de febrero, estivo formada por un total de seis probas clasificatorias e unha final. A competición arrincou en Carballo e posteriormente desprazouse a Cerceda, Culleredo, Pontedeume, Ribeira e Ferrol, onde se instalou un estadio de mini-balonmán ao aire libre. A final foi esta fin de semana en Camariñas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *