ABEL JUNCAL E ÁNGEL MATEOS, «ÁRBITROS HABILITADOS» PARA A DIVISIÓN DE HONRA PRATA

Abel Juncal e Ángel Mateos, árbitros nacionais de Primeira División Nacional, recibiron a condición de «árbitros habilitados» o que lles permitirá arbitrar na categoría inmediatamente superior, neste caso, a División de Honra Prata.

A figura de «árbitros habilitados» foi recuperada pola Federación Española de Balonmán para a tempada 20/21 a petición do Comité Técnico de Árbitros. Esta figura xa fora utilizada no pasado e parece que esta tempada tan especial pode necesario contar con máis colexiados.

Desta forma, a parella galega Juncal-Mateos poderá dirixir partidos en División de Honra Prata, o que tamén lles servirá para seguir medrando na súa formación.

Hai que destacar a habilitación da árbitra galega Tania Rodríguez (actualmente colexiada por Valencia, onde vive) para División de Honra, xunto a súa parella arbitral Lorena García (Aragón).

Noraboa a todos/as e a seguir traballando duro!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *