A Federación Galega de Balonmán abriu o prazo de inscrición para o curso de adestrador territorial de balonmán nivel II, que se desenvolverá do 27 de abril ao 28 de xuño de forma on-line. O tempo para matricularse, que comezou o 15 de abril, rematará o próximo domingo 26 de abril e o custe do curso será de 220 euros. Tedes toda a documentación e contidos no seguinte enlace.
Ademais o alumnado do curso de nivel II terá un agasallo moi especial. A Federación Galega de Balonmán acaba de asinar un acordo coa empresa Sideline Sports, para utilizar o programa deportivo XPS, unha plataforma enfocada nos elementos craves para o deporte e o adestramento: planificar, analizar e comunicar. Desta forma, o alumnado do curso nivel II recibirá unha licenza gratuita durante un ano do programa XPS, que ten un custe superior a 600 euros.
Este será o segundo curso oficial que oferta a Federación Galega de Balonmán durante o tempo de confinamento pola crise do COVID-19. Ao estar as competicións paradas e moita xente na casa hai máis tempo para poder traballar na formación, iso si, adecuando os medios para que sexa posible realizar o curso dende a casa.
Aquí podes facer a inscrición!
Debes ser identificado introducir un comentario.