ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE ADESTRADOR NIVEL II

A Federación Galega de Balonmán abriu o prazo de inscrición para o curso de adestrador de balonmán territorial nivel II, que se desenvolverá do 17 de outubro ao 30 de novembro de forma on-line. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 11 de outubro e o custe do curso será de 310 euros. Tedes toda a documentación e contidos na seguinte ligazón.

Como ben sabedes a aposta pola formación é unha das prioridades da Federación Galega de Balonmán e por iso son moitos os cursos e propostas formativas que se están a realizar a través da área de Formación da FGBm. Ademais, este e outros cursos poden facerse de forma online, o que favorece a conciliación coa vida laboral e persoal.

Todas as persoas interesadas en realizar este curso, deberá preinscribirse no apartado de formación da páxina web da FGBm antes do 11 de outubro. Aquí tedes a ligazón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *