ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DO PROTOCOLO FISICOVID-DXT GALEGO

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso do Protocolo Fisicovid-DXT Galego, que ten como obxectivo explicar este protocolo que a Federación Galega de Balonmán realizou en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte para poder regresar as competicións de forma segura e responsable.

O curso, que se celebrará do 16 ao 23 de outubro, será obrigatorio para coordinadores/ as do protocolo de cada club, colectivo arbitral, delegados/ as de equipo e de campo, pero ademais estará dispoñible para calquera persoa vinculada ao balonmán galego.

A totalidade da formación, que será gratuíta, realizarase de forma online e con flexibilidade horaria, xa que as clases serán gravadas e poderase acceder a elas en calquera momento durante a duración do curso. Haberá unha xornada de asistencia obrigatoria (xoves 22, 19:30 horas), na que se resolverán cuestións concretas e importantes. O exame, que será tipo test, terá lugar o venres 23 de outubro e o alumnado poderá realizalo de 10 a 23:00 horas.

A continuación tedes as ligazóns para inscribirvos no curso, así como para consultar toda a información ao respecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *