ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN NOVO CURSO DE ADESTRADOR NIVEL 1

Xa está aberto o prazo de inscrición para un novo curso de adestrador de nivel 1, convocado pola área de Formación da Federación Galega de Balonmán. O curso, que se celebrará do 2 de novembro ao 30 de decembro, terá unha carga lectiva total de 270 horas (150 de prácticas).

Con este curso o alumnado adquirirá os coñecementos e habilidades necesarias para obter a titulación federativa e poder adestrar nas seguintes categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete a nivel autonómico.

Na seguinte ligazón tedes toda a información sobre o curso e tamén poderedes realizar a preinscrición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *