A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL FEMININA XOGARÁ ESTE DOMINGO CONTRA GUATEMALA

O domingo 11 de setembro (17:30 horas) a selección galega xuvenil feminina enfrontarase á Guatemala no Pavillón O Rosal de Moaña. Será o primeiro partido que a selección guatemalteca xogará en Galicia, dentro dunha xira que está a realizar en España, para preparar os Xogos Centroamericanos, que se disputarán dentro dun mes precisamente en Guatemala capital.

Así, a Federación de Balonmán de Guatemala, asesorada polo seu adestrador xefe, Alberto Suárez, organizou unha xira por España, con paradas en Madrid e Galicia. A primeira en chegar foi a selección feminina, que estivo os primeiros días en Madrid. Esta fin de semana chegan a Galicia onde disputarán catro partidos, sendo o de Moaña o primeiro.

A selección masculina de Guatemala chegará uns días máis tarde e en Galicia xogará 5 partidos. O adestrador xefe das seleccións de Guatemala, Alberto Suárez, que é un gran amigo do balonmán galego, explicounos que “o obxectivo desta xira vai máis alá do deportivo, xa que é unha oportunidade única para estes deportistas que nunca estiveron en Europa, polo que tamén é unha grande oportunidade a nivel de cultural… de formación integral das persoas”.

Selección Galega Xuvenil Feminina. Tamén será o primeiro partido de Galicia na preparación do CESA 2023. A selección galega, dirixida por Manu López, realizou a segunda sesión de traballo a pasada fin de semana en A Estrada.

Na seguinte ligazón, tedes a convocatoria da selección galega para este choque.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *