Aitana Santomé, convocada para a disputa do Europeo Júnior en Hungría

Aitana Santomé (BM Porriño) forma parte da convocatoria definitiva da selección española júnior feminina para a disputa do Campionato de Europa en Györ (Hungría) do 11 ao 21 de xullo.

No mes de marzo Aitana foi convocada por vez primeira por Imanol Álvarez no grupo de 16 e xa entón soñaba coa posibilidade de ir ao Europeo, E agora, co seu traballo, o soño  é unha realidade. A galega está na lista definitiva para o Europeo e a súa preparación previa.

Así, o grupo está convocado o día 27 de xuño en Madrid. O combinado español estará concentrado en Pinto e participará no Torneo IV Nacións que se disputará en Portimao (Portugal) do 5 ao 7 de xullo, coa participación de España, Alemaña, Portugal e Francia.

No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Noraboa Aitana e moita sorte!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *