SEDE PECHADA, PERO SEGUIMOS TRABALLANDO E ARGALLANDO NOVOS RETOS

Cumprindo as obrigas marcadas polo estado de Alarma decretado no Estado español, a sede da Federación Galega de Balonmán permanecerá pechada ata nova orde. Pero recordade, que estea a sede pechada, non quere dicir que non traballemos. Podes poñerte en contacto cos diferentes departamentos no correspondente correo electrónico e contestaremos coa máxima celeridade.

 Por outra banda, nestas semanas de #EuQuedonaCasa hai máis tempo libre do desexado e poucos divertimentos, polo que dende a Federación traballamos na posta en marcha de iniciativas para seguir formándovos e entreténdovos.

Así que seguide atentos ás nosas redes que algo estamos a argallar!

#EuQuedonaCasa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *