ALICIA FERNÁNDEZ, CONVOCADA PARA O PREOLÍMPICO DE LLÍRIA

A galega Alicia Fernández (SCM Ramnicu Valcea) foi convocada por Carlos Viver para formar parte das Guerreiras que buscarán no Preolímpico de Llíria a clasificación de España para os Xogos de Tokio.

O seleccionador nacional deu a coñecer hoxe a lista de 18 xogadoras que disputarán o Preolímpico na localidade valenciana de Llíria, do 19 ao 21 de marzo, onde se enfrontará a Suecia, Senegal e Arxentina, en busca dunha praza para os Xogos Olímpicos de Tokio. Esta cita celebrarase case un ano máis tarde do previsto, xa que tivo que ser aprazada pola pandemia da COVID-19.

Moita sorte para as Guerreiras e de forma moi especial para a nosa Alicia Fernández!

1 Comment to “ ALICIA FERNÁNDEZ, CONVOCADA PARA O PREOLÍMPICO DE LLÍRIA”

  1. Thanks for sharing. I read many of your blog posts, cool, your blog is very good.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *