AQUÍ TEDES AOS CAMPIÓNS DA XIRA GALEGA DE BALONMÁN PRAIA 2022

A Xira Galega de Balonmán Praia 2022 chegou ao seu fin coa disputa da Copa Federación na praia da Xunqueira en Moaña. Foron un total de catro probas tremendamente disputadas e por iso chegouse ao último dos torneos con todo por decidir, aínda que os equipos que ían en cabeza antes desta última proba lograron confirmar o título na Copa Federación. Así que imos contarvos como quedou a clasificación das diferentes categorías no Campionato Galego de Balonmán Praia.

Sénior masculina

Esta era a categoría que parecía máis clara antes da Copa Federación, pero o Servisub Area Bueu necesitaba pasar a fase de grupos para garantir o título. E non fallou o conxunto de Bueu, aínda que nesta última proba non subiu ao podio. O Balonmán Sanxenxo logrou proclamarse campión da Copa Federación e o Servisub Area Bueu é o campión galego de balonmán praia 2022.

Sénior feminina

Veba Water era líder provisional antes da última proba e, tamén como no caso da categoría sénior masculina, non puido vencer na Copa Federación, aínda que si certificar o título galego con claridade. Veba Water rematou na segunda posición, por detrás de AC Kaló Painkillers A que remontou varias posicións, para quedar subcampión galego. Campión galego 2022: Veba Water, que foi o conxunto máis regular facendo podio en todas as probas da Xira.

Xuvenil masculina

Veba os da Jrada venceu en tres probas (Proba Concello de Bueu, Torneo Concello de Moaña e Copa Federación) para facerse desta forma co título de campión galego de balonmán praia 2022, na categoría xuvenil masculina.

Xuvenil feminina

Esta foi sen dúbida a categoría máis disputada, chegando Lavadores Petanca e Veba Water só separados por dez puntos e Veba Auga a cen do Lavadores. A Copa Federación era clave e a emoción foi tremenda, xa que o Veba Auga venceu na final ao Lavadores, que xa sabía antes de xogar que esa clasificación para a final acababa de darlle o título galego. Lavadores Petanca, campión galego 2022, empatado a puntos co Vega Auga, que superou na última proba a Veba Water.

Cadete masculina

o BMP Arbentia Luceros proclamouse campión galego 2022, despois de facer unha Xira moi completa, na que venceu en dous dos torneos disputados e estivo no podio das outras probas. Sen dúbida foi o conxunto máis regular da categoría.

Cadete feminina

O Tecnosat BMP Cangas Lemurs quixo pechar a súa participación na Xira e a consecución do título de campión galego logrando o triunfo na Copa Federación. Así, logrou o triunfo en dúas probas e foi segundo e terceiro nas outras, sempre entre as mellores. Merecido título galego para as de Cangas!

Infantil masculina

Veba A Jradiña foi tremendamente regular durante a Xira, na que comezou cun triunfo en Bueu, volveu vencer na terceira proba e logrou a segunda posición nos outros dous torneos. Así foi como Veba A Jradiña logrou o título de campión galego!

Infantil feminina

O CBMP Painkillers A acadou o título de campión galego nesta categoría, despois dunha traxectoria moi regular, na que venceu nunha proba e estivo sempre no podio nas outras. O Merengue Merengue SAR remontou para quedar segundo, ao ser moi penalizado por non participar nunha proba e non sumar punto algún. CBMP Painkillers A, campión galego!

Alevín mixto

Nesta categoría, dominio absoluto del CBMP Painkillers A, que gañou tres das catro probas disputadas (quedando na segunda posición no outro torneo). Así, Painkillers A logrou proclamarse campión galego por diante de Veba Baywatch.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *