AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL MASCULINA E CADETE FEMININA, NAS SEMIFINAIS DO CESA 2023

As seleccións galegas infantil masculina e cadete feminina loitarán polas medallas no CESA Costa Blanca 2023. Hoxe acadaron a clasificación para as semifinais cun xogo sobresaínte e agora  buscarán meterse na final do domingo. As que non puideron clasificarse para as semis foron Galicia infantil feminina e cadete masculino. Por outra banda, hai que sinalar, que na Copa de España venceron os dous combinados xuvenís e se clasificaron para as semifinais.

Infantil masculina: Galicia, 28 – 16, Asturias

A selección galega infantil masculina segue firme no seu camiño cara as medallas. Hoxe deu boa conta de Asturias, nun partido no que comezou un pouco incómoda no aspecto ofensivo, pero no que rematou xogando a pracer.

Os minigalaicos empezaron atascados no nivel ofensivo. A defensa 5:1 asturiana se lles atragoou un pouco e non atopaban o camiño cara a meta rival, pero a fantástica defensa galega funcionou á perfección e compensou esas dificultades. Así, pouco a pouco, alternando a defensa 6:0 con 5:1, foron abrindo distancias para chegar ao descanso cun 12-7 a favor.

Na segunda metade, os minigalaicos, que seguían fortes e moi contundentes no traballo defensivo, ademais atoparon solucións en ataque (transicións, uno contra un), polo que a brecha non deixaba de medrar. No tramo final, Asturias estaba obrigada a arriscar en busca dun milagre e optou por unha defensa  a todo o campo (3:3), pero Galicia soubo mover o balón rápido a perfección e atopou os ocos con moita facilidade, polo que aínda puido ampliar a vantaxe.

Mañá, primeiro asalto ás medallas contra Castela e León. O obxectivo, meterse na final do domingo.

28. Galicia: Hugo Carreira, Christian Ferradás (3), José Enrique Portas (1), Xurxo Otero (4), Xoan Canedo (1), Lucas Díaz (1), Martín Vázquez (2), Manuel Souto (3), Xoel Lago (7), Lois Alonso (2), Luis Martínez (2), Matías Gestido, Marcos Carlón, Saul Fuentefría, Dimitrije Doder (2), Pablo Pardo.

16. Asturias: Lucas Arias, Javier Menéndez (3), Yoel Vázquez (4), Izán Tercero, David Aguado (4), Leo Cardeli, Mauro Castaño, Miguel Pérez (2), Miguel Ángel García, Saúl Fernández (1), Adrián John, David Álvarez, Héctor Álvarez, Pablo Menéndez, Álvaro Larrain (2).

Árbitros: Jesús Valencia y Carlos Campayo. Excluíron dous minutos aos galegos Xurxo Otero e Lois Alonso e aos asturianos Javier Menéndez e Yoel Vázquez.

Parciais: 1-1, 5-2, 7-3, 9-7, 12-7 (descanso), 14-8, 18-9, 23-13, 25-15, 28-16 (final).

Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final do Campionato de España Infantil Masculino, celebrado no Pabellón Maisa Lloret.

Mañá, semifinal: Galicia-Castela e León (16:00 horas)

Infantil feminina: Canarias, 31 – 23, Galicia

A selección galega infantil feminina non puido meterse nas semifinais do CESA, tras caer derrotada nos cuartos de final ante unha potente Canarias, que destaca pola súa defensa e as rápidas contras.

Por iso, Galicia sabía que, para superar esta rolda, tiña que rozar a perfección en todos os aspectos do xogo e de forma moi especial no repregamento, para evitar eses goles rápidos á contra. O equipo dirixido por Ana Alonso saíu ben e concentrado e durante os primeiros minutos mandaba no marcador. Ata o minuto dez. A partir de aí tomou o mando Canarias que chegou ao descanso tres goles arriba (14-11) e con mellores sensacións. O reinicio foi decisivo, xa que unha exclusión galega foi moi ben aproveitada polas insulares para escaparse no marcador. E a partir dese momento foi sempre ir contracorrente. Iso si, as minigalaicas, non se renderon nunca e loitaron ata o final.

Agora, a pensar na loita pola quinta posición. Mañá enfrontaranse a Castela e León, que hoxe perdeu con Andalucía.

31. Canarias: Martina Lemes (4), Najara Ángeles Gabaldón (6), Leire González (2), Carla Gillings, Marbelys Reyes (2), Amaia Barachina (9), Amelia Alexia Gabaldón (1), Estefanía López (1), Ingrid Barrachina (4), Sonia Cañada, Daniela de Marco, Adriana Reyes (2), Neysa Curbelo, Oihane Xerach.

23. Galicia: Iria Alonso, Emma Rial (2), Candela Martínez (2), Gabriela Martins (1), Ana Cancelas, Noa Portela, Lorena Ngnipa (3), Iris Santana (6), Sara Limes (2), Raquel Muñiz (1), Alba del Valle (1), Leire Brun (5), Irene Rodríguez, Vera Sierra, Leyre Azurmendi, Raquel Blanco.

Árbitros: Ekain Ruíz e David Álvaro. Excluíron dous minutos a Najara Ángeles, por Canarias e a  Candela Martínez, Ana Cancelas, Noa Portela e Irene Rodríguez (Galicia).

Parciais: 1-3, 6-5, 9-6, 12-9, 14-11 (descanso), 19-13, 22-16, 26-18, 28-21, 31-23 (final).

Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final do CESA categoría infantil  feminina, celebrado no Pabellón Pau Gasol.

Mañá, loita pola quinta posición: Castela e León-Galicia (10:00 horas)

Cadete feminina: Navarra, 26 – 31, Galicia.

Cuarto partidazo consecutivo da selección galega cadete feminina e así, con esta actitude, esas ganas de xogar ao balonmán e de divertirse, esa unión na cancha… ¡están nas semifinais do Campionato de España! As rapazas dirixidas por Adrián Pumar volveron mostrar as súas armas, traballaron como un equipo dende a primeira á última e xuntas, superaron a Navarra, un conxunto duro e complicado que non o puxo fácil en ningún momento.

A primeira metade estivo máis axustada. Por momentos mandaba Galicia e por momentos Navarra, pero sempre as distancias foron de un ou dous tantos. A defensa 3:3 das navarras complicaba o xogo de Galicia, que perdeu algún balón e así chegaron goles rápidos á contra. Desta forma, alcanzouse o descanso cun 16-16 que deixaba o partido completamente aberto.

Pero no vestiario, axustáronse os pequenos problemas que había en defensa e Galicia pasou a dominar o choque. As galaicas mandaban cun nivel defensivo altísimo e unha intensidade que se vivía na pista na forma de celebrar cada corte, cada recuperación, cada lanzamento interceptado… Desta forma, nos segundos 30 minutos so encaixaron dez tantos. Ademais, en ataque as galegas tiveron paciencia e foron eficaces no lanzamento. Así se vía que a vitoria tiña as cores da nosa bandeira e as nosas rapazas non baixaron os brazos ata o último segundo. Agora, a pensar en Andalucía, equipo invicto neste CESA e gran favorito.

26. Navarra: Naia Hualde, Amaia Moreno, Ane Garralda, Nerea Gembero, Aitana Goñi, Iratxe Ganuza, Oihane Beperet (7), Claudia Aldave (6), Irune Urbeltz, Amaya Ancín (1), Andrea Tajadura, Garazi Valenzuela (1), Ane Domínguez (3), June Aguinagalde (4), Irene Arbizu (3), Inés Brinco (1).

31. Galicia: Carmen Magallanes (4), Leire González (1), Isis Moreno (3), Iria López, Ainé Roca (3), Naihara Costas (5), Salma Aakcha, Celia Pérez, Alba Pérez, Paula Diéguez, Uxía Fernández (8), Iria Augusto (6), Alejandra Montenegro (1), Isabel Álvarez, Leticia Santos, Iria Benaches.

Árbitros: Iván Navarro y Guillem Baena. Excluíron dous minutos a Claudia Aldave, Ane Domínguez e June Aguinagalde (Navarra) e as galegas Alejandra Montenegro e Iria Benaches (2).

Parciais: 2-2, 5-5, 6-8, 10-10, 16-15, 16-16 (descanso), 18-19, 20-22, 20-25, 22-26, 23-29, 26-31 (final)

Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final do CESA Cadete Feminino, celebrado no Pabellón La Muixara (La Nucia)

Mañá, Semifinal: Andalucía – Galicia (12:00 horas).

Cadete masculina: Catalunya, 35 – 25, Galicia.

Rematou o soño dos cadetes. Despois de tres partidos marabillosos, hoxe non foi o día e precisamente ante un gran rival, polo que se escaparon as semifinais e agora hai que curar as feridas e pensar na loita pola quinta posición.

Foi un partido estraño no que Galicia nunca estivo cómodo. Despois dos primeiros 5 minutos con intercambios de goles, o combinado galego encaixou un parcial de 6-0, que o fixo ir a remolque todo o partido (8-3, min. 13). Os rapaces de César Armán intentaban recortar, pero era evidente que non era o día. Tanto combinaban tres boas accións, con tres erros “tontos”, polo que non era posible recortar distancias. Ao descanso,  o marcador era xa un preocupante 17-11.

Tralo descanso houbo uns minutos nos que tiveron opcións de achegarse, pero as desaproveitaron. Un 7 metros errado e unha contra de dous contra un na que o balón se escapa das mans, podía poñelos a tres tantos, pero non acertaron en ningunha e aí rematou o partido, aínda que faltaban máis de 20 minutos. Galicia non defendía ben e os nervios provocaron erros absurdos, exclusións innecesarias, precipitacións en ataque e un correcamiños que só beneficiaba a Cataluña.

35. Catalunya: Oriol Perarnau, Sergio Espinosa, Oriol Vilarrubla (2), Jaume Espigule (1), Xavier Montaner (3), Marc Navarro (5), Pau Amatller, Lluc Ribas (2), Guillem Massa (4), Mario Bartroli, Roger Ferrer (1), Xavier Moreno (4), David Anselmo (4), Miguel Ángel Martín (1), Roger Peracaula (4), Guilem Pino (4).

25. Galicia: Alonso Martínez, Atalo Bello (1), Marcos Suárez (1), Nicolás Cancela, Yago López (3), Iván Sánchez, Manuel Hernández (2), Marcos Varela, Daniel Periscal (6), Roque Estévez (2), Pablo Pazos, Jaime Serrano, Samuel Seijas (4), Henrique Traba (6), Diego Mourelle, Adrián Chapela.

Árbitros: Sergio Martín e Agustín Mora. Excluíron dous minutos a Xavier Montaner, Roger Ferrer e Xavier Moreno (Catalunya) e aos galgeos Yago López, Marcos Varela, Daniel Periscal, Pablo Pazos, Samuel Seijas e Henrique Traba (2).

Parciais: 3-3, 5-3, 8-5, 12-8, 14-10, 17-11 (descanso), 20-13, 22-15, 23-15, 27-17, 33-19, 35-24 (final)

Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final do Campionato de España  Cadete Masculina, celebrado no Pabellón La Muixara (La Nucia).

Mañá, loita pola quinta posición: Galicia-Aragón (18:00 horas)

Xuvenil feminina: Galicia, 32 – 30, Asturias.

A selección galega xuvenil feminina por fin puido sumar a primeira vitoria no CESA. Foi ante Asturias, nos cuartos de final da Copa e, como xa sucedera o día anterior, cun mellor xogo por parte das nosas rapazas.

O equipo dirixido por Manu López tomou o mando no xogo case dende o inicio e durante a primeira metade Galicia dominaba con vantaxes claras de catro ou cinco goles (17-12, min. 22). Pero neste tramo final da primeira parte, Galicia atascouse e iso foi aproveitado por Asturias para apertar o marcador ao descanso, que reflectía un 18-17, que non se correspondía co sucedido na pista.

Tralo paso por vestiarios, Asturias chegou a empatar (19-19), pero volveu reaccionar o combinado galego e, cun xogo alegre, volveron escaparse no marcador (27-23, min. 45). Ata o final, presión de Asturias, pero a vitoria foi para as galegas que xa pensan na semifinal copeira.

32. Galicia: Irene Ríos, Lucía Méndez (7), Ángela Vilaboa (3), Aroa Fernández, Lucía Villamarín, Nayara Pereira, Yaiza Gil (3), Inés Bernárdez (1), Nerez Patiño (10), Lucía Álvarez (2), Mencía Lorenzo, Carla Vidal (3), Nerea Arias (2), Lucía Lema, Sara Pereira (1), Iria Sierra.

30. Asturias: Caren Cuanda, Beatriz García, Inés González (5), Alexandra Elena, Sandra Pascual, Lisa Chiazgozie (9), Paloma Calvo (6), Carla Mesa (1), Lucía López (3), Laura Pérez (1), Abril Domínguez, Alba García (1), Mara Garabaya, Rabeca Vallado (3), Lorena García (1).

Árbitros: Samuel Bou e Islam Walid. Excluíron dous minutos ás galegas Ángela Vilaboa (2), Nayara Pereira, Lucía Álvarez e Iria Sierra e ás xogadoras asturianas Laura Pérez, Mara Garabaya, Rebeca Vallado e Lorena García.

Parciais: 1-2, 7-5, 10-8, 15-11, 17-14, 18-17 (descanso), 19-19, 23-21, 26-23, 28-24, 29-26, 32-30 (final).

Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final da Copa de España, disputado no PalauSant Pere de Benissa.

Mañá, semifinal Copa: Galicia-Aragón (11:00 horas).

Xuvenil masculina: Galicia, 32  – 20, Castela a Mancha

O combinado galego xuvenil masculino segue medrando e hoxe derrotou de forma contundente a Castela a Mancha. Os galaicos, imprimindo moito ritmo na transición e cunha fantástica intensidade defensiva, non deron opción algunha ao rival.

Dende o inicio, dominaba Galicia (10-5, min. 15) e o seleccionador usou a todos os xogadores para manter o ritmo alto e a intensidade e todos renderon a gran nivel. O partido quedou roto xa na primeira metade (18-10), pero o recordo de Asturias estaba moi presente, polo que o equipo seguiu firme sobre a cancha.

Tralo paso por vestiarios, o rival buscou en ataque xogar 7 contra 6 (sen porteiro), pero o experimento saíulle mal, xa que Galicia aumentou a diferenza cada vez que recuperaba o balón (o meta galego Failde marcou 4 goles a portería baleira). Os últimos dez minutos non tiveron moita historia con todo decidido.

32. Galicia: Mateo Pallas, Eduardo Alonso (4), Brais Martínez (5), Iago Rivas, Pablo Fernández (3), Alexandre Gallego, Denis Iglesias (3), Senén Garea, Xoan Fernández, Carlos Menduiña (3), David Failde (4), Nuno Loxo (3), Carlos Morales (1), Juan Rodríguez (4), Manuel Soliño (2).

20. Castela a Mancha: Luis Cañadilla, Eduardo Barchino (4), Hugo Galán (1), Miguel Gómez, Hugo Taravilla (3), Jorge Blanco, Adrián Trancón (3), Ignacio García, Mateo Navarro, Jorge Ureña (1), José García (2), Guillermo García-Uvero, Rodrigo Tapiador, David Notario (2) , Marcos Sánchez-Nieves (2), Iker Hidalgo (2).

Árbitros:Jonathan Hinojosa e Daniel Álvarez. Excluíron dous minutos ao galego Juan Rodríguez e a Hugo Galán e Adrián Trancón, por Castela a Mancha.

Parciais: 2-0, 6-3, 10-5, 12-6, 14-8, 18-10 (descanso), 20-11, 23-13, 26-14, 29-15, 30-17, 32-20 (final)

Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final da Copa de España Xuvenil  Masculina, celebrado no Palau Sant Pere (Benissa).

Mañá, semifinais Copa: Madrid- Galicia (16:00 horas).

451 Comments to “ AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL MASCULINA E CADETE FEMININA, NAS SEMIFINAIS DO CESA 2023

  1. HenryMal dice:

    20mg prednisone: where can i buy prednisone – prednisone acetate

  2. RichardFal dice:

    amoxicillin 500mg prescription: buy amoxicillin from canada – where to buy amoxicillin 500mg without prescription

  3. HenryMal dice:

    neurontin 600 mg: neurontin 202 – neurontin 800 mg tablet

  4. CharlesTek dice:

    buy prednisone 10mg: how to get prednisone without a prescription – prednisone in india

  5. HenryMal dice:

    doxy 200: doxycycline 150 mg – doxycycline hyclate 100 mg cap

  6. Marvindap dice:

    25 mg prednisone prednisone online for sale brand prednisone

  7. HenryMal dice:

    order zithromax over the counter: azithromycin zithromax – zithromax 250 mg

  8. Marvindap dice:

    amoxicillin 500 mg without prescription amoxicillin buy no prescription can you purchase amoxicillin online

  9. RichardFal dice:

    order prednisone online no prescription: prednisone 20 tablet – prednisone uk

  10. HenryMal dice:

    zithromax 500mg: zithromax 500 mg lowest price drugstore online – buy zithromax online cheap

  11. Marvindap dice:

    order doxycycline 100mg without prescription doxycycline order online doxycycline pills

  12. CharlesTek dice:

    amoxicillin 500mg capsules antibiotic: buy amoxicillin – amoxicillin from canada

  13. HenryMal dice:

    prednisone where can i buy: prednisone 20mg price – compare prednisone prices

  14. Marvindap dice:

    otc prednisone cream order prednisone 10 mg tablet prednisone 54

  15. HenryMal dice:

    buy doxycycline online uk: doxycycline hyc 100mg – where can i get doxycycline

  16. Marvindap dice:

    buy doxycycline online cheap doxycycline online cheap doxycycline online

  17. RichardFal dice:

    how to buy doxycycline online: doxycycline generic – buy doxycycline online

  18. Billybiors dice:

    http://amoxila.pro/# price of amoxicillin without insurance

  19. HenryMal dice:

    zithromax generic cost: buy zithromax no prescription – can you buy zithromax over the counter

  20. Marvindap dice:

    buy cheap amoxicillin amoxicillin medicine buy amoxicillin online cheap

  21. CharlesTek dice:

    over the counter neurontin: buy neurontin – cost of brand name neurontin

  22. HenryMal dice:

    where can i get zithromax: buy zithromax 500mg online – where can i buy zithromax in canada

  23. Marvindap dice:

    vibramycin 100 mg doxycycline 100mg doxycycline 100 mg

  24. RichardFal dice:

    amoxicillin 500mg capsules uk: amoxicillin generic brand – amoxicillin 200 mg tablet

  25. HenryMal dice:

    prednisone for cheap: prednisone 50 mg prices – 20 mg prednisone

  26. Marvindap dice:

    price of prednisone tablets can you buy prednisone online uk 40 mg daily prednisone

  27. Billybiors dice:

    http://amoxila.pro/# canadian pharmacy amoxicillin

  28. HenryMal dice:

    how to buy zithromax online: purchase zithromax z-pak – where to buy zithromax in canada

  29. CharlesTek dice:

    prednisone 20 mg: buy prednisone online canada – prednisone 500 mg tablet

  30. Marvindap dice:

    cheap amoxicillin 500mg amoxicillin brand name order amoxicillin 500mg

  31. HenryMal dice:

    doxycycline hyc 100mg: where can i get doxycycline – doxycycline 100mg

  32. Marvindap dice:

    doxycycline 500mg doxylin doxycycline pills

  33. RichardFal dice:

    zithromax canadian pharmacy: zithromax canadian pharmacy – zithromax over the counter uk

  34. Billybiors dice:

    https://zithromaxa.store/# where to get zithromax over the counter

  35. Marvindap dice:

    doxycycline 100mg tablets doxycycline hyclate 100 mg cap buy doxycycline 100mg

  36. Robertnes dice:

    reputable mexican pharmacies online: purple pharmacy mexico price list – mexico pharmacies prescription drugs

  37. ManuelDef dice:

    medication from mexico pharmacy medicine in mexico pharmacies buying from online mexican pharmacy

  38. AlbertbeX dice:

    mexican online pharmacies prescription drugs: pharmacies in mexico that ship to usa – mexican online pharmacies prescription drugs

  39. Robertnes dice:

    buying prescription drugs in mexico: mexican mail order pharmacies – reputable mexican pharmacies online

  40. ThomasTrini dice:

    mexican border pharmacies shipping to usa: mexican drugstore online – mexican pharmaceuticals online

Debes ser identificado introducir un comentario.