AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS VOLVEN DO TORNEO CANGAS DE NARCEA CUN CUARTO E QUINTO POSTO

Un clásico entre as actividades que realizan as nosas seleccións galegas infantís, ano tras ano. Asturias acollía en Cangas de Narcea a diferentes seleccións territorias para celebrar a primeira competición do ano de cara a preparación para o Campionato de España 2020, que este ano se celebrará en Cantabria. 

As minigalaicas comezaban amosando un nivel moi alto dentro do 40×20 acadando unha vitoria na primeira xornada fronte a Extremadura. Senda que se truncaba fronte as seleccións de Madrid e Castela a Mancha, uns encontros que pese a loitar, e mostrar un bo balonmán non tiveron sorte, e en ambas as dúas rectas finais os conxuntos rivais gañaban con seguridade. As minis remataban a competeción tal e como a empezaron, con vitoria sobre a selección da Rioja e logrando así o quinto posto, un encontro que dominaron de principio a fin, destacando a intensidade defensiva que minaba ao rival e o deixabao sen opcións.

Por outro lado os rapaces comezaban tamén debutando con vitoria fronte ao conxunto autonómico da Rioja. Non tiveron tanta sorte na segunda xornada contra a Comunidade Valenciana, máis inda así había posibilidades de chegar ata as semis. Partidazo na terceira xornada contra Castela a Mancha, e pese a un comezo trabado e unha primeira parte perdida, os galegos superon darlle a volta ao marcador e acadar un oco entre os catro mellores. Tras perder as semifinais, para subir ao podium os de Menduiña terían que superar aos anfitrións. Os nosos xa sabían que non ía ser doado e así foi. Ao remate, catro goles separaron aos minis do seu último obxectivo, máis cabe destacar o fantástico papel que realizaron.

Queda unha apaixoante carrera ata o Campionato de España 2020! 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *