BALONMÁN DE LONXE: ROI SÁNCHEZ

Vigués de nacemento, Roi Sánchez fixo moi pronto as maletas para emprender o seu soño de ser adestrador profesional de balonmán. Estivo en Alemaña como segundo adestrador do TSV Hannover-Burgdorf e dende aí marchou en dirección a Barcelona, onde dirixe ao filial azulgrana dende o ano 2017. Pero iso si, entre os seus mellores recordos está cando conseguiu o título de campión de España coa selección galega cadete no ano 2010! Queredes coñecelo un pouco máis? Con vostedes, Roi Sánchez!

#SomosGalicia #SomosBalonmán

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *