AS ENTRADAS PARA O ESPAÑA – SERBIA (LALÍN) SAIRÁN Á VENDA O XOVES 4 DE ABRIL ÁS 12:00H

Xa hai data de saída das entradas para o partido que «Los Hispanos» disputarán en Lalín o vindeiro 8 de maio de 2024, e que dará a clasificación para o Campionato do Mundo de 2025. O xoves 4 de abril, ás 12:00 horas, o órgano federativo publicará o enlace para realizar a compra dos tickets de xeito online, e ao mesmo tempo habilitará un punto de venda na sede da federación, sita en Vigo, na rúa Fotógrafo Luis Ksado, nº17, oficina 3.

As entradas, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, terán prezos populares: 7€ para menores de 16 anos e 10€ para adultos. O Lalín Arena poderá albergar uns 2.200 espectadores/as.