BM PORRIÑO, BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

Foi un bronce épico. O BM Porriño logrou remontar cinco goles de diferenza nos últimos minutos, e empatou o partido nos segundos finais, tanto no tempo regulamentario como na prórroga, para despois impoñerse nos lanzamentos de sete metros ao Sant Vicenç. E todo grazas a loita dun equipo que non se rende nunca e non deixou de crer nelas mesmas.

Laura Magdaleno representa a perfección o corazón e a fe das porriñesas. Ella logrou o gol do empate no tempo regulamentario cun sete metros a escadra, na prórroga marcou dende o lateral sobre a buciña e tamén lanzou o penalti final, que certificaba esa merecida terceira posición. E todo isto fronte a un magnífico equipo, o Handbol Sant Vicenç, con dúas xogadoras decisivas (Julia Nuez e Marta Siñol), que tamén loitou ata o final. Un partido deses que fai afección!

Noraboa!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *