Gráficas Lasa Carballal (feminino) e UPI Informática Lalín (masculino) proclamáronse campións da Final Four Cadete, que se disputou esta fin de semana no Lalín Arena, cun gran ambiente nas gradas.

Na categoría feminina o Carballal superou de forma clara na final ao Dispesfra Rasoeiro BM (32:23) e logrou así proclamarse subcampión galego, vencedor da Final Four e ademais acadou unha praza para a disputa dos sectores nacionais. Ademais, hai que sinalar que Noa Parada (do Rasoeiro) foi elixida mellor xogadora da Final Four. Na final de consolación, triunfo do Mecalia Atlético Guardés sobre o BM Porriño (22:23)

Na categoría masculina, proclamouse vencedor da Final Four o UPI Informática Lalín fronte ao BM Culleredor ConstruPereiro, nun partido que se decidiu por so un gol (33:34). Neste caso, ambos conxuntos lograron a clasificación para os sectores nacionais. O MVP da Final Four foi Marco González, do Balonmán Culleredo.


Na loita pola terceira posición, triunfo do Bueu que superou ao FootPlus Carballal (35:39).
Noraboa a tod@s!!