SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS CONVOCADAS POLA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE

O pasado día 10 de xaneiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas para o desenvolvemento de actividades. O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto do 11 de xaneiro ata o 10 de febreiro.

Como novidade, salientar que dentro dos criterios a valorar puntuarase o desenvolvemento de actuacións en prol da igualdade efectiva de homes e mulleres no deporte, así como contra a violencia machista. Ademais, a adhesión ao manifesto pola igualdade pasará a ser obrigatoria.

Información dispoñible no seguinte enlace.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *