ESTA FIN DE SEMANA COÑECEREMOS AOS CAMPIÓNS DA SEGUNDA DIVISIÓN CADETE E INFANTIL FEMININA

As competicións galegas comezan a chegar a momentos claves. Esta fin de semana coñeceremos aos campións da Segunda División Cadete e Infantil Feminina, e ademais comezará a segunda fase da competición na División de Honra Xuvenil Feminina.

Segunda División Cadete Feminina

Esta fin de semana decidirase o campión desta división en un dobre choque entre Lavadores e AD Carballal, que foron os gañadores dos seus respectivos grupos.

O Lavadores foi o mellor na clasificación do grupo 1, despois de sumar 28 puntos en 14 partidos, é dicir, sumou todos os puntos en xogo.

No grupo 2 as cousas estiveron moito máis rifadas, ata o último partido. Carballal e Serfis Caixabank BM Cañiza chegaron empatados á última xornada e un enfrontamento directo entre ambos, que tamén rematou empatado, polo que se proclamou ganador o Carballal por mellor gol-average.

Así, a fase final será a dobre partido. O sábado 22 (16:30 horas) xogarán en Lavadores e o domingo 23 (18:30 horas) no Carballal. O campión de Segunda División terá un premio extra, que será loitar por clasificarse para xogar o Campionato de España.

Segunda División Infantil Feminina

Nesta categoría tamén rematou a fase de grupos con tres gañadores: SAR Ledisson B (grupo 1), Óptica Studio BM Cangas (grupo 2) e As Choqueiras de Redondela (grupo 3) e esta fin de semana teremos campión! O sábado 22 celebrarase no Gatañal a eliminatoria polo título coa participación dos tres equipos gañadores da fase de grupos. O primeiro partido será o SAR Ledisson B – Óptica Studio BM Cangas (16:30 horas). A continuación (18:15 horas) As Choqueiras enfrontarase ao perdedor deste duelo, e ao remate do mesmo, As Choqueiras xogará contra o vencedor do primeiro partido. Como no caso das cadetes, o campión de Segunda xogará por ese premio extra de buscar un oco para xogar o Campionato de España.

División de Honra Xuvenil Feminina

Nesta categoría comeza esta fin de semana a segunda fase da competición, despois de que se xogase a primeira fase ou fase regular, na que os 18 equipos participantes estiveron divididos en dous grupos de 9 equipos.

Nesta segunda fase, haberá dous grupos: O grupo polo título, que estará formado polos catro primeiros clasificados da fase regular (Grupo 1 e 2) e xogarán baixo o sistema de liga todos contra todos a dobre volta, tendo validez e conservando os resultados da primera fase. E o grupo de clasificación, que estará formado polos 5 últimos clasificados de cada grupo da fase regular. Esta segunda fase desenvolverase do 22 de febreiro ao 29 de marzo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *