Tres clubs galegos (BM Porriño e Calfrima AD Carballal, na categoría feminina e Cisne Colegio Los Sauces, na masculina) lograron clasificarse para a Fase Final do Campionato de España Xuvenil, na que só estarán os oito mellores clubs de todo o territorio nacional.
Categoría feminina
BM Porriño alcanzou a súa clasificación na Fase Estatal disputada esta fin de semana no Porriño cun pleno de vitorias e unha gran superioridade sobre os seus rivais. Pola súa banda o Carballal viaxou a Etxebarri e conseguiu clasificarse vencendo na última xornada ao equipo local, o Kukullaga, nun apertado partido (21:22). O Lavadores, que tamén disputou esta fase estatal nas Canarias, non puido clasificarse. A fase final celebrarase en Torrevieja (Alacante) do 26 ao 30 de maio. No grupo I estará a AD Carballal xunto con Avannubo La Roca, Soliss Pozuelo de Calatrava e Torrevieja Salud Mare Nostrum, mentres que o BM Porriño forma parte do grupo II onde se enfrontará a Elche Tufarmaciaelche.es, Handbol Sant Vicenç e Balonmano Gijón.
Categoría masculina
O Club Cisne Colegio Los Sauces logrou a clasificación para a Fase Final do Campionato de España Xuvenil Masculino nun apaixonante sector celebrado en Pontevedra, que se decidiu pola diferenza de goles.
O equipo pontevedrés chegou á terceira xornada con dúas vitorias e empatado a puntos co potente Ademar León. Todo se decidiría neste choque, que estivo igualado de principio a fin. Empate (24:24), reparto de puntos e clasificación para os galegos pola diferenza de goles. Alacante e Elda acollerán a fase final en categoría xuvenil masculina, tamén do 26 ao 30 de maio.. O Cisne forma parte do grupo II xunto con Elda Centro Excursionista Eldense, Cajasur Córdoba e KH-7 Grannollers.
O Luceros loitou ata a última xornada por acadar ese pase para a Fase Final, pero caeu derrotado ante o equipo local, o KH-7 BM Granoller, e quedou segundo con catro puntos. O terceiro equipo galego que disputou estes sectores estatais foi o Xiria, que quedou terceiro cunha vitoria, un empate e unha derrota.
Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you.