PAUTAS PARA ADESTRAR NA CASA

Xa levamos un mes confinados na casa pola crise do COVID-19 e necesitamos unhas pautas de actuación para tratar de evitar a perda da condición física debido a imposibilidade de saír para realizar actividade física.

Por este motivo, dende a Federación Galega de Balonmán queremos ofrecervos uns programas de adestramento orientativos para poder realizar no noso fogar. Esta programación foi realizada polo preparador físico e profesor de balonmán na Universidad Europea de Madrid, Carlos García Sánchez, ao que lle queremos dar as grazas dende a Federación Galega, por mostrarse sempre disposto a colaborar con nós.

Adestra#nacasa

Esta é a nosa aportación para o programa Adestra #nacasa da Secretaría Xeral para o Deporte, que realiza en colaboración coas federacións deportivas galegas. En Adestra#nacasa a Secretaría Xeral para o Deporte pon a disposición dos e das deportistas galegos/as un banco de arquivos, documentos, ligazóns e material de diversa índole orientado ao adestramento na casa en tempos de confinamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *