BM PORRIÑO E CISNE COLEGIO LOS SAUCES, CAMPIÓNS GALEGOS XUVENÍS FEMININO E MASCULINO RESPECTIVAMENTE

Xa temos campións galegos na categoría xuvenil. O BM Porriño logrou o título na categoría feminina tras superar al Carballal, mentres que o Cisne Colegio Los Sauces é o campión na categoría masculina, despois de vencer al Luceros.

Xuvenil feminino

O BM Porriño `A´ logrou onte proclamarse campión galego, tras superar ao  Calfrima Carballal nunha disputada final. Ambos os conxuntos chegaron invictos á Final  Four (non se enfrontaron entre eles) e nas semifinais foron moi superiores aos seus rivais (SAR  Ledisson e  UB Lavadores). A final estivo moi igualada de principio a fin, proba diso é o resultado final (27-28) e o feito de que en ningún momento ningún dos dous equipos logrou escaparse no marcador. Ambos os conxuntos están clasificados para a fase estatal xunto ao UB Lavadores, que venceu na loita pola terceira posición á SAR de Redondela (24-21).

CALFRIMA CARBALLAL, 27 – BM PORRIÑO `A´, 28

Calfrima Carballal: Cintia Iglesias, Sara Román (5), Area Martínez, Carla Rodríguez, Lorena Vaello, Uxía Castro, Lara Fabián (4), Lucía Navarro, María Tomé (2), Carlota Quintana, Yaiza Alonso (6), Helena Sánchez (3), Marian Mera, Iria Sánchez-Puerta, Eva Fernández (2) y Yaiza Fernández, Lucía Villamarín (5).

BM Porriño `A´: Ithaisa Trigo (2), Laura Magdaleno (5), Carla Baltasar (1), Marta da Silva (9), Athenea Barreiro (1), María Lago, Belen Amarilla, Inés Pereiro, Anastasija Doder (4), Alba Mera, Lucía Méndez (5), Carla Rivero (1).

ÁRBITROS: Elena Rivas e Julio Villanueva. Excluíron dous minutos a Area Martínez, Carlota Quintana e Yaiza Alonso (Carballal) e a Ithaisa Trigo (2), polo Porriño.

PARCIAIS: 3-1, 3-3, 5-4, 8-6, 9-9, 12-13 (descanso), 13-17, 18-19, 20-20, 22-23, 24-25, 27-28 (final).

INCIDENCIAS:  Final do Campionato Galego, disputada no Pavillón Municipal de O Porriño, con público nas bancadas (limitado aforo).

Xuvenil masculino

O Cisne Colegio Los Sauces cumpriu co seu papel de favorito e proclamouse campión galego na categoría xuvenil masculina, tras vencer no Pavillón Municipal de Pontevedra ao Luceros. Na primeira parte, o conxunto pontevedrés foi netamente superior (ao descanso 11-20), pero na segunda metade o xogo complicouse coa exclusión de Román  Arboleya, primeiro e do técnico do Cisne despois. O partido desordenouse un pouco e nesta situación o Luceros estaba máis cómodo e foi recortando distancias ata poñerse a catro goles a falta de cinco minutos (26-30).   que  desordenou o xogo e permitiu ao Luceiros, con alma, esforzo e corazón, recortar distancias ata poñerse a catro goles a falta de cinco minutos (26-30). Nestes instantes finais, o Cisne xogou con cabeza e tirou dos seus pesos pesados para pechar o triunfo cun 29-34 a favor dos pontevedreses.

Na loita pola terceira praza para a fase estatal impúxose o  Laber Xiria ao Carballal por 28-30, nun partido no que o Xiria foi sempre por diante. O conxunto vigués pareceu acusar o golpe da eliminación do día anterior ante o Luceros, na prórroga, xa co tempo finalizado, nun lanzamento de sete metros, que entrou chorando tras tocar o porteiro.

LUCEROS, 29 – CISNE COLEGIO LOS SAUCES, 34

Luceros: Pablo Rodríguez (2), Carlos Menduíña, Manuel Pérez (5), Pablo Fernández (1), Manuel Barreiro (4), Elias Aakcha, Víctor Manuel Cotas, Yerom Alfaya, Nicolás Millán, Rubén Augusto (8), José Manuel Meira (2), Alejandro Martínez, Iván Táboas (1), Gael Blanco (6).

Cisne Colegio Los Sauces: Miguel Pérez, Carlos Álvarez (9), Enrique Domínguez (2), Diego López (4), Rafael Logroño, Román Arboleya (3), Eduardo Costa, Martín Santos (1), José Cerqueiro, André de Moura (4), Dani Virulegio (11), Javier Sierra, Mario González.

Árbitros:  Abel Juncal y Alberto Rodríguez. Descalificaron a Román Arboleya (min. 32) y al entrenador del Cisne, Víctor Efrén (min. 48). Excluyeron dos minutos a Manuel Barreiro, Yerom Alfaya, Alejandro Martínez y Gael Blanco (Luceros) y a Dani Virulegio, por el Cisne.

Parciais: 1-4, 3-8, 5-11, 6-13, 8-16, 11-20 (descanso), 14-22, 17-23, 18-27, 22-29, 26-30, 29-34 (final).

Incidencias: Final do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no pavillón Municipal de Pontevedra.

1 Comment to “ BM PORRIÑO E CISNE COLEGIO LOS SAUCES, CAMPIÓNS GALEGOS XUVENÍS FEMININO E MASCULINO RESPECTIVAMENTE”

  1. oyjwkogyhk dice:

    Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *