BRONCE PARA A SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA NUN APAIXONANTE PARTIDO ANTE CASTELA E LEÓN

A selección galega infantil masculina conseguiu o bronce, unha medalla máis que merecida despois do gran CESA realizado estes días en Murcia. Foi un partido tremendamente igualado e disputado no que Galicia nunca deixou de crer nas súas posibilidades. Ademais, da última xornada hai que destacar os triunfos das seleccións cadetes que lograron proclamarse campioas da Copa de España.

Infantil masculina. Galicia 33:32 Castela e León

33. Galicia: Rubén Costas, Xoel Rodríguez, Adrián Nogueira, Xoel Lago (1), Xoel Malfaz, Marcos Varela (2), Iago Castro, Mateo Martínez (10), Pablo Pazos (3), Roque Díaz, Roque Estévez (10), Jorge Outón, Jaime Serrano (2), Mateo López, Nicolás Cancela (5), Borja García.

32. Castela e León: Iván Hernández, Héctor López (2), Miguel Blanco (9), Martín Robles (5), Hevert Rodríguez, Unai Otero, Jorge Mate, Álvaro López (6), Carlos Carpio (3), Iker López, Jorge Rollán, Lucas García (1), Miguel Roncero, Daniel Cristóbal (5), Hugo Esteban (1).

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez, que excluíron dous minutos a Marcos Varela, Mateo Martínez, Pablo Pazos (2) e Jaime Serrano, por Galicia e ao xogador de Castela e León Carlos Carpio.

Parciais: 2-2, 4-5, 8-8, 11-12, 15-14 (descanso), 19-16, 21-20, 21-22, 25-24, 27-27 (final), 30-30, 33-32 (final prórroga).

Incidencias: Loita polo bronce do Campionato de España de Seleccións Territoriais categoría Infantil Masculina.

Bronce máis que merecido para a selección galega infantil masculina, que fixo un CESA espectacular, amosando un xogo de cinco estrelas e sobrepoñéndose á lesión de Mateo López, un dos seus xogadores máis importantes. Foi necesario sufriu e chegar a prórroga, pero o bronce ven para Galicia.

A derrota do día anterior e a perda de Mateo neste tramo final do Campionato, pesaba no equipo galego, pero comezou ben. Galicia xogaba ao que sabe e como sabe, tratando de evitar algúns dos erros que a condenaron na semifinal ante Andalucía: As perdas de balón. Así o partido estivo moi igualado, con vantaxes mínimas nos primeiros minutos para Galicia e despois para Castela e León. Pero nunca superiores a 2 tantos. Así, cunha boa defensa e menos perdas, foi avanzando o choque ata o remate dos primeiros 25 minutos. Ao descanso, 15-14 para Galicia.

Tralo descanso, magnífico reinicio do equipo de Menduíña, cunha gran defensa e moita tranquilidade en ataque e lograron irse tres tantos arriba (20-17). Pero Castela e León cambiou de defensa, pasou ao un 5:1 (sobre Roque Estévez) que se nos atascou e durante varios minutos Galicia non atopou portería e Castela e León cun parcial de 3-0 volveu meterse no partido. De aquí ao final, distancias mínimas de un gol para Galicia, que tivo a vitoria moi preto antes de chegar á prórroga, pero non atinou na última posesión: 27-27 e prórroga. E claro, había que sufrir. Igualdade máximo, nervios en todo o alto e estes pequenos xogando como veteranos para así ofrecernos un bronce que sabe a moito máis.

Bronce para Galicia!

Xuvenil feminina.  C. Valenciana 29:25 Galicia

29. C. Valenciana: Sabina Mínguez, Sofía Peral (3), Paula Agulló (2), Claudia Moreno (1), Carla Gallego (1), Nuria Cardona (5), Eider Poles, Estela Ballesteros, María Carrillo (4), Marta Cuenca, Ana Vela, Vanessa Rubio (4), Belén García (4), María José Gimeno (1), María Cobo (2), Claudia Juan (2).

25. Galicia: Lara García (1), Carla Vidal, Nerea Arias (2), Lucía Méndez, Lorena Vaello (5), Alba Afonso (1), Ángela Vilaboa (1), Eva Rodríguez (3), Lucía Álvarez (3), Mara González, Aroa Fernández (1), Noelia Solla (3), Mencía Lorenzo, Carla Baltasar (3), Yaiza Alonso (2), Tania Gómez.

Árbitros: Iker Eguía i Endika Domínguez. Excluíron dous minutos a Claudia Moreno, Carla Gallego, Marta Cuenca e Vanessa Rubio, por C. Valenciana e a Mara González, Noelia Solla e Yaiza Alonso, por Galicia.

Parciais: 2-3, 7-4, 7-6, 8-9, 13-10, 14-12 (descanso), 16-13, 18-15, 19-17, 24-19, 26-22, 29-25 (final)

Incidencias: Partido pola sétima posición do Campionato de España Xuvenil Feminino.

Galicia finalizou o CESA co mesmo rival co que comezara, Comunidade Valenciana, e que no primeiro partido deixara moi malas sensacións no noso equipo. Hoxe a situación foi moi diferente, porque a pesar da derrota, as nosas rapazas competiron durante os 60 minutos.

Galicia estivo metida no encontro, con distancias moi curtas, pero un par de erros en ataque e algunhas perdas de balón permitiron a Valencia escaparse no marcador no tramo final do partido (24-19, min. 55) e xa foi unha distancia insalvable.

Galicia, oitava clasificada no CESA

Cadete feminina. Aragón 24:34 Galicia

24. Aragón: Alicia Díaz, Lucía Monge, Eloisa Escartín (5), Julia Fernández (6), Marta Gómez, Mafalda Gil, Carmen Sabina (2), María Moreno (1), María Guerra, Carla Tobajas (4), Lucía Benedi (3), Gabriela Román, Victoria Jaques (1), Andreea Theodora (2).

34. Galicia: Irene Ríos, Paula Diéguez, Adriana Rial (2), Alejandra Montenegro (3), María Baz (4), Nerea Patiño (2), Irene Romero (1), Naihara Costas (3), Ainé Roca (2), Lucía Castiñeira, Uxía Fernández (2), Inés Bernárdez (3), Iria Augusto (3), Sara Pereira (4), Ángela Portela (3), Iria Benaches (2).

Árbitros: Juan Fernández e Daniel Valdes. Excluíron dous minutos a Marta Gómez, Carmen Sabina, Victoria Jaquez, Andreea Theodora (Aragón) e a Lucía Castiñeira, Uxía Fernández e Sara Pereira por Galicia.

Parciais: 0-2, 2-3, 4-6, 4-9, 6-13, 7-18 (descanso), 10-21, 14-23, 18-25, 21-27, 22-30, 24-34 (final)

Incidencias: Final da Copa de España categoría Cadete Feminina.

A selección galega cadete feminina rematou o campionato vencendo a Aragón de forma moi clara na final da Copa e facendo o mellor partido de todo o CESA.

As galegas comezaron moi serias en defensa cun 5:1, que dificultaba os ataques rivais e iso unido á aportación da portería galega, permitiu a Galicia correr por fin. Así, entre as contras, as segunda ondadas e o ataque moi disciplinado das rapazas dirixidas por Adrián Pumar, o marcador do descanso era moi claro: 8-7 para Galicia

No regreso a pista tralo paso por vestiarios, a selección galega mantivo a mesma tónica, aínda que algúns erros de lanzamento permitiron a Aragón recortar a distancia un pouco (21-27, min. 50). Pero, o combinado galego mantivo a regularidade ata o final e así finalizou o partido dez goles arriba.

Galicia, campioa da Copa de España (novena clasificada no CESA)

Cadete masculina. Asturias 31:33 Galicia

31. Asturias: Iván Pérez, Carlos Canal (1), Javier Villarreal (3), Gonzalo Pulgar (5), Miguel Pujades (1), Tomas Bautista (5), Óscar Fernández, Iker Fernández (2), Diego Ruiz, Samuel Arias (3), Illán Álvarez, Adrián Frade (10), Carlos Fernández, Mateo García, Darío Francisco (1).

33. Galicia: David Failde, Pedro Fernández-Couto, Yago López (3), Pablo Veiga (3), Brais Martínez (4), Sergio Munín (3), Roi González (1), Eloy Domínguez, Yago López (2), Xoán Fernández (6), Manuel Hernández, Samuel Seijas (5), Asier Vázquez, Adrián Rey, Manuel Lorenzo (6), Nico Giráldez.

Árbitros: Iván Navarro e Guillem Baena. Excluíron dous minutos a Carlos Canal e Gonzalo Pulgar por Asturias, e a Manu Lorenzo, por Galicia.

Parciais: 4-3, 8-5, 11-7, 15-10, 17-12, 18-15 (descanso), 20-19, 22-21, 25-24, 26-26, 27-29, 31-33 (final)

Incidencias: Final da Copa de España categoría Cadete Masculina.

A selección galega cadete masculina logrou o título da Copa de España, despois de superar a Asturias nun partido tremendamente axustado no que os nosos xogadores foron crecendo para pechar o triunfo.

Asturias era un rival duro, que viña de quedar 4° de España con esta xeración, con xogadores grandes e moi loitadores, que non ían poñer as cousas sinxelas a Galicia. Así, na primeira parte Asturias correu moito aproveitando os erros galegos no lanzamento e incluso os contragoles, polo que ao descanso Galicia ía tres goles abaixo (19-16).

Tralo descanso, o conxunto galego saíu moi enchufado, e coa defensa e o repregamento defensivo axustados. Así, foron recortando distancias ata poñerse arriba no marcador no minuto 36 (20-21), por vez primeira no partido. A partir de aí, partido moi axustado, con Asturias moi loitadora e,

 sen baixar os brazos, e o noso combinado sacando o seu selo galego para conseguir a vitoria.

Galicia, campioa da Copa de España e novena clasificada no CESA

Xuvenil masculina. Canarias 44:40 Galicia

44. Canarias: Derek Pulido (2), José Alberto Gutiérrez (4), Xander Goez, Jorge Pérez, Alberto Delgado (9), Rodrigo Ortega (10), Robin Navarro (1), Abián Rodríguez (4), Eduardo Herrera, Alberto Saiz (5), Gorka Tejedor, Rubén Yague (1), Mario Díaz (8), Jeremy Iyare.

40. Galicia: Mateo Pallas, Abián Rodríguez, Eduardo Alonso (6), Martín Fuentes (3), Gael Blanco, José Manuel Meira, Iago Iglesias (2), Pablo Gándara, Manu Pérez (3), Martín González (3), Julián García (5), Juan Rodríguez (2), Marko Ojeda (9), Carlos Ocaña (7), Sergio Blond, Nuno Loxo.

Árbitras: Nuria Giro e Ona Comino. Descualificado Alberto Delgado (min. 54:37). Excluíron dous minutos a Derek Pulido (2), José Alberto Gutiérrez, Rubén Navarro, Alberto Saiz (Canarias) e a Martín Fuentes e Iago Iglesias, por  Galicia.

Parciais: 2-5, 6-8, 8-12, 14-14, 17-17, 22-18 (descanso), 25-21, 27-23, 31-27, 35-32, 38-34, 44-40 (final)

Incidencias: Final da Copa de España categoría Xuvenil Masculina.

Derrota da selección galega xuvenil masculina para despedirse dun CESA onde non cumpriron as expectativas marcadas. O equipo, unha vez máis, cometeu moitos errores en defensa e iso significou unha dolorosa derrota ante Canarias, un equipo a priori inferior, pero máis combativo.

Galicia saíu moi ben e enseguida logrou escaparse no marcador (7-13, min. 13) amosando unha gran superioridade tanto en técnica individual como en físico. Pero Canarias foi moi combativa e intensa e ai foi onde amosou unha maior superioridade. Igualaron a base de ganas e meteron a tres xogadores pequenos en primeira liña que romperon os esquemas de Galicia, que non atopaba solucións a pesar de probar diferentes tipos de defensas. En ataque, a selección galega marcaba goles con facilidade, pero a defensa non existía e Canarias non tiña problema algún para seguir mandando no marcador. Ao final, a falta de defensa foi a cruz deste partido e de todo o campionato.

Galicia, subcampioa da Copa de España e décima clasificada no CESA

Infantil feminina. Galicia 18:24 Aragón

18. Galicia: Yanet Rodríguez, Uxía Crespo (1), Gabriela Martíns, Eva González, Lara Moure, Candela Martínez, Daniela Suárez (1), Lía Salvado (1), Goretti Carballal (4), Iria López (2), Leire  Martínez (1), Celia Pérez (1), Adriana Barreiro (7), Ana Prol, Leire González, Aldara Porrúa.

24. Aragón: Maider García, Judith Sánchez, Ángela Olmos (5), Jezabel Mamblona (3), Sara Cortés (3), Kiara García, Cristina Lanzarote (9), Anabel Toquero (1), Silvia Monreal, María Sánchez (1), Iris Pérez, Cristina Gutiérrez (2), Claudia Rodríguez, Salma González.

Árbitros: Manuel Juan Dato e Ioana Mihaela Ferent. Excluíron dous minutos a Uxía Crespo, Leire González e Leire Martínez, por Galicia.

Parciais: 1-2, 3-2, 6-6, 6-9, 7-10 (descanso), 11-13, 14-16, 16-19, 18-21, 18-24 (final).

Incidencias: Final da Copa de España da categoría infantil feminina do CESA 2022.

A selección galega infantil feminina caeu derrotada na final da Copa ante Aragón, nun partido que estivo apertado ata o minuto 15 da segunda metade. A partir de aí, Aragón abriu distancias para facerse coa vitoria.

Na primeira metade, as galegas aproveitaron a súa boa defensa para contragolpear e manter o marcador igualado. Desta forma, a pesar  de que ía por detrás no marcador eran distancias curtas e con Galicia sempre metida no choque. Así, no minuto 35, a distancia era de só dous tantos a favor das aragonesas (14-16) e ata o minuto 45 estaban a tres tantos (18-21). Pero un baixón defensivo das galegas propiciou que Aragón acadara unha vantaxe, que xa foi imposible.

Galicia, subcampioa da Copa e décima clasificada do CESA

Fotos: Patry Rivas/Xoel Gil/Brais Míguez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *