CARME CASTRO E ISMAEL MARTÍNEZ, NA CONCENTRACIÓN DAS GUERREIRAS JÚNIOR

A xogadora Carme Castro e o adestrador Ismael Martínez (ambos do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño) participarán na próxima actividade das Guerreiras Júnior, que terá lugar na localidade alacantina de Elxe, do 28 de febreiro ao 6 de marzo.

Esta concentración coincidirá coa semana de competicións internacionais, na que as Guerreiras disputarán dous partidos fronte a Hungría, clasificatorios para o Campionato de Europa 2022. Desta forma, ao estar a Liga Iberdrola parada, a selección júnior terá a posibilidade de enfrontarse a dos equipos da Liga Guerreiras Iberdrola. O xoves 3 de marzo (19:30), España medirase co Balonmán Morvedre, mentres que o sábado 5 (19:00), o rival será Visitelche.com Elche. Ambos os encontros disputaranse no Polideportivo Carrús ilicitano.

A continuación tedes a convocatoria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.