O GROVE ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A FESTA DO BALONMÁN GALEGO COA CELEBRACIÓN DA FINAL FOUR DE 1ª AUTONÓMICA MASCULINA E FEMININA

Esta fin de semana (22 e 23 de abril) celebrarase no pavillón Novo Monte da Vila de O Grove as Final Four de 1ª Autonómica Masculina e Feminina, nas que se poñen en xogo dúas prazas (unha por categoría) para a disputa do sector nacional.

Hoxe celebrouse no Concello de O Grove a presentación deste evento, na que participaron o alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos; a deputada provincial Noemi Outeda; o xefe provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides: o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o concelleiro de Deportes de O Grove, Santiago Meis, e en representación do Rasoeiro BM, club organizador, Diego Gondar (presidente), Patricia Sánchez (secretaria) e Fabián González (adestrador do primeiro equipo masculino).

A 1ª Autonómica é a máxima categoría do balonmán galego (categoría sénior) e esta tempada, trala disputa da Liga regular, proclamáronse campións galegos o Calvo Xiria (categoría feminina) e o Indupor BM Porriño (categoría masculina). Os dous equipos, como campións, teñen unha praza para disputar o sector nacional, na que loitarán polo título de campións de España de clubs.

Galicia ten outra praza máis para os sectores nacionais por categoría e o ganador da Final Four será o posuidor desa praza. Na Final Four de 1ª Autonómica Masculina participarán o Culleredo (2º clasificado de Liga), Seis do Nadal (3º clasificado), Poio Artai (4º) e Rasoeiro (club organizador e 5º clasificado)

Na Final Four de 1ª Autonómica Feminina os equipos participantes son BM Cangas (2º clasificado de Liga), SD: Samertolameu (3º clasificado), Balonmano Reconquista de Vigo (4º clasificado) e UB Lavadores B (5º clasificado).  O sábado celebraranse as semifinais e o domingo a loita pola terceira e cuarta posición e as finais. Todo se poderá seguir en directo a través da canle de youtube da Federación Galega de Balonmán.

O club organizador está a preparar moitas sorpresas para toda a afección que se achegue ata o pavillón Novo Monte da Vila. Haberá concertos, actividades para nen@s, pintacaras para levar ás cores do teu equipo, cantina, pulpeir@ e moitas cousas máis. As entradas, a prezos moi asequibles, están á venta a través da plataforma cluber  (https://app.cluber.es/p/cbmrasoeiro). Hai abonos para os dous días a 10 euros para un adultos e de 15 para adulto e un nen@. A día de hoxe, mércores, xa está vendido máis da metade do aforo do pavillón.

CALENDARIO

Sábado 22 de abril

– 11:00 | Semifinal feminina | Tapería dos Chata BM. Cangas vs U.B. Lavadores Vigo B

– 13:00 | Semifinal feminina | Balonmán S.D. Samertolameu vs Balonmano Reconquista de Vigo

– 17:00 | Semifinal masculina | Magope Seis do Nadal vs Hospital Capilar Poio Artai

– 19:00 | Semifinal masculina | Balonmán Culleredo vs Calmear Rasoeiro BM

Domingo 23 de abril

– 11:00 | Terceiro e cuarto posto feminino

– 13:00 | Terceiro e cuarto posto masculino

– 16:30 | Final feminina

– 18:30 | Final masculina

– 20:00 | Entrega de trofeos

6 Comments to “ O GROVE ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A FESTA DO BALONMÁN GALEGO COA CELEBRACIÓN DA FINAL FOUR DE 1ª AUTONÓMICA MASCULINA E FEMININA”

  1. Rastreador de celular – Aplicativo de rastreamento oculto que registra localização, SMS, áudio de chamadas, WhatsApp, Facebook, foto, câmera, atividade de internet. Melhor para controle dos pais e monitoramento de funcionários. Rastrear Telefone Celular Grátis – Programa de Monitoramento Online.

  2. Melhor aplicativo de controle parental para proteger seus filhos – Monitorar secretamente secreto GPS, SMS, chamadas, WhatsApp, Facebook, localização. Você pode monitorar remotamente as atividades do telefone móvel após o download e instalar o apk no telefone de destino.

  3. 100 USDT dice:

    Can you be more specific about the content of your article? After reading it, I still have some doubts. Hope you can help me.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *