EDUARDO ALONSO, MATEO PALLAS, CARLOS OCAÑA E MARKO OJEDA, CONVOCADOS COS HISPANOS XUVENÍS

A actividade das seleccións nacionais non paran e temos unha nova cita para os Hispanos Xuvenís na que, por suposto, teremos representación galega. Os xogadores citados son Eduardo Alonso (BM Porriño), Mateo Pallas (BM Xiria), Carlos Ocaña (BM Cisne) e Marko Ojeda (BM Cisne), e ademais teremos como seleccionador a Javier Fernández, Jabato, e como integrante do corpo técnico a Carla Abad.

Esta nova actividade celebrarase do 14 ao 20 de marzo e contará con dous encontros amigables, que se xogarán o xoves 17 de marzo (contra Francia) e o 19 (ante Serbia). Esta concentración chega xusto despois de que o combinado español se alzase co título nos Xogos do Mediterráneo 2022, en Turquía. Deste xeito, os Hispanos Xuvenís continuarán preparando a gran cita internacional do próximo verán: o Campionato de Europa, que se xogará en Podgorica (Montenegro) do 4 ao 14 de agosto.

Moita sorte rapaces!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *