CARBALLO ACOLLERÁ A FASE DE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA PRATA MASCULINA

Xa é oficial! Carballo acollerá a fase de ascenso a División de Honra Prata Masculina, que se xogará do 4 ao 6 de xuño.

Acaba de anuncialo a Real Federación Española de Balonmán e de realizar o sorteo da fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina, na que os clubs participantes (os dous primeiros de cada grupo de Primeira Nacional), quedaron divididos en tres grupos. Carballo será a sede do grupo I no que estarán o Calvo Xiria, como conxunto local, xunto a Handbol Sant Quirze, Maracena Esquinita de Javi e Levante Marni. Será a sétima fase de ascenso á segunda máxima categoría do balonmán nacional que dispute o club carballés, que está convencido de que “desta vai”. Ascenderá o primeiro clasificado de cada grupo.

Moita sorte para o noso representante!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *