SETE GALEGOS, CONVOCADOS PARA UNHAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA XERACIÓN 05/06 MASCULINA

Sete xogadores galegos foron convocados para participar nunhas xornadas de tecnificación nacional da xeración 2005/06 masculina, que se celebrarán do 10 ao 17 de febreiro no CAR de Granada.

Os convocados son Edu Alonso, Nico Giráldez e Juan Rodríguez (do BM Porriño); Carlos Morales e Manuel Lorenzo (BM Cisne); Mateo Pallas (BM Xiria) e David Failde (BM Lalín). Moita sorte aos nosos representantes!

A continuación tedes a convocatoria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.