CARBALLO ACOLLERÁ A FINAL 4 DE 1ª AUTONÓMICA DE BALONMÁN

As últimas prazas que dan dereito a disputar a fase de ascenso a categoría nacional de balonmán, decidiranse en Carballo.

Hoxe ao mediodía tivo lugar, na casa do concello, a presentación da Final 4 de balonmán da categoría de 1ª Autonómica Masculina e Feminina. No acto, estiveron presentes o alcalde, Evencio Ferrero, o concelleiro de deportes, Daniel Pérez, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, o vicepresidente das Escolas Balonmán Xiria, José Antonio Rodríguez, xunto con máis representantes do club organizador.

Os diferentes intervintes destacaron o atractivo do formato desta Final 4, que xunto coa gran tradición balonmanística da vila carballesa e a experiencia organizativa das Escolas Balonmán Xiria, fan presaxiar unha gran festa do Balonmán Galego.

Bruno López, agradeceu a colaboración e as facilidades outorgadas polo concello para desenvolver este evento, e por suposto a aposta e ilusión depositada polo club local para que durante a próxima fin de semana, o pavillón Vila de Noia luza a altura da mellor competición galega.

Os horarios dos encontros serán:

SÁBADO 20:

  • 10:30 Hrs. Semifinal 1 (masculina): Magope Seis do Nadal – SAR PLastic Omnium
  • 12:30 Hrs. Semifinal 2 (masculina): O Grove Paraíso Rasoeiro Bm. – Mecalia Atlético Guardés
  • 16:00 Hrs. Tapería Dos Chata Bm. Cangas – A.D. Carballal
  • 18:00 Hrs. Calvo Xiria – CDeC Lavadores Vigo

DOMINGO 21:

  • 10:30 Hrs. 3º-4º Posto (Masculina)
  • 12:30 Hrs. 3º-4º Posto (Feminina)
  • 16:30 Hrs. Final Masculina
  • 18:30 Hrs. FInal Feminina

As entradas para esta Final 4 poderán adquirirse de xeito online, a través do seguinte enlace:

https://app.cluber.es/clubes/98f16ab9722653805291b6f14b93f35236158941/pagos/661d539350e17890892472

Tamén poderán adquirirse físicamente ao longo da semana nas oficinas do club ou en taquilla.

Dende a Federación Galega de Balonmán, desexamos a maior das sortes aos oito equipos participantes.